Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 24 Rego, O / Rega, A O substantivo rego , moi frecuente na lingua común, ten o signifi- cado de ‘pequeno suco natural polo que corre a auga’, pero tamén se emprega para nomear a escavación longa e pouco fonda que se fai no terreo, ben para introducir a auga nos campos e regalos por inundación ( O millo enleirase para regalo ; Entre leira e leira, un rego ), ou ben para sementar ( A verdura pódese botar a covas ou a regos ). O feminino rega como substantivo fai referencia á canle por onde baixa un rego de auga. A etimoloxía de rego é complicada, posto que parecen converxer nel os derivados do latín rigare ‘regar; facer fluír dirixindo’ e un termo de orixe prelatina, probablemente celta, * reku . En toda Galicia son numerosos os topónimos da familia léxica de rego e en Bembrive temos un claro exemplo: A Rega (O San Cibrán), coutada situada á altura da coñecida como A Almenara (unha cons- trución relacionada coa antiga condución de augas cara á cidade de Vigo). Está á man dereita do camiño da Capela, na curva en dirección a Beade logo de pasar a Capela do San Cibrán. É coñecida tamén como A Coutada da Rega e realmente atópase nunha vagoada pola que baixa un rego de auga. O topónimo A Rega aparece no Catastro de Ensenada como lugar de habitación do veciño Benito Costas, pero tamén como nome dunha propiedade de Antonio Míguez, residente na Fraga e con propiedades no San Cibrán. Así mesmo, recollemos topónimos coa forma masculina como O Rego (Mandín) que identifica o curso de auga que baixa da Presa dos Estripeirales en dirección N–S para unirse á Regueira do Abade no Co- cho Longo. En Miraflores, O Rego da Agua atravesaba os Campos do Abade, posiblemente procedente da Presa dos Ameirales e pasaba por diante da casa situada na Subida a Miraflores á man dereita, fronte á entrada do camiño da Mina. Neste rego, había un lavadoiro formado por un- has simples pedras dispostas no río, que deu lugar ao topónimo (–>) O Lavadouro. E por último O Rego da Agua en Xestoso, nome específico dado a un rego empedrado (agora entubado) que baixaba de Esparramán polas Ferreiras ata A Presa das Figueiras. Empregábase para regar Os Campos da Regada. Aínda que O Rego da Agua (/O Regho da Aghua/ na fala)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==