Toponimia do Val do Fragoso
257 O E s p a z o h a b i t a d o de Ensenada como «A Carejona», e no Libro de afanegados xa coa gra- fía actual, aínda que coas dobres denominacións «Larin o Carrexona», «A Carrexona o Mandada» e «A Canuda o Carexona» que concretan a súa localización. Estada, A Recóllese, entre outros, no dicionario de Carré Alvarellos o termo estada (lat. STATA) co significado de armazón de madeira emprega- do como soporte para serrar troncos’. Por extensión, segundo Navaza (2007a: 138), chamaríaselle tamén así ao lugar onde se realizaba esa operación. É o pequeno relanzo que atopamos subindo polo camiño do Pouso ao chegar á altura do muíño do José María. Feira, O Camiño Topónimo xurdido pola metátese do latín feria ‘días festivos’. É o camiño cortado por nacente pola autoestrada do Atlántico que parte da estrada das Plantas, uns metros máis adiante, en dirección ao CUVI, da rotonda onde esta converxe coa rúa da Viña Grande. Antiga- mente este camiño chegaba á feira de Puxeiros, de aí o seu nome. Viña dende A Parrocha por dous ramais, un pola rúa chamada A Baixada ao Castelo e outro paralelo pola Viña Grande. Dende A Parrocha se- guía pola Gandariña e o camiño das Canas cara a Vigo, atravesando pola Raposeira e O Rabiso (O Raviso nos rótulos viarios) de Sárdoma. Precisamente o tramo que atravesaba a veciña parroquia lémbrano os informantes cuberto de chapacuña, mentres que en Bembrive era de terra. Correspóndese case con toda seguridade co camiño medieval Vigo-O Porriño, que atravesaba Bembrive entre o alto de San Cosme e A Gandariña (–> A Madorra). Ferreira, As Do latín ferru ‘ferro’. O feminino procede do latín ferraria , adxecti- vo. É un topónimo relativamente frecuente en Galicia; rexístranse vinte e sete lugares no Nomenclátor coa forma simple A Ferreira, tres deles en Vigo (en Teis e Navia, ademais de Bembrive). Pero o número case se
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==