Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 256 cartografía municipal. Parte á man dereita do camiño de Cerdeiró, un pouco máis adiante da Fonte da Penceira, en dirección ao San Cibrán. Como apuntaremos na entrada referente ao Lugar dos Ferreiros, o nome do camiño aparece xa nunha escritura antiga como «Congostra dos Carboeiros». A transformación física de congostra ‘camiño de carros estreito e profundo’ a camiño , levou a que se mudase tamén o topó- nimo viario, agora coñecido pola veciñanza, mesmo pola de maior idade, como camiño dos Carboeiros. Carboeiros Carrexona, A Alcume de oficio, feminino de carrexón ‘persoa que se dedica a transportar cargas’. Situada no Carballal, comprende unha cuña de terreo, cunha casa e terras de labor, que queda por riba do punto en que se bifurca a subida á Chan e dá orixe ao camiño da Mandada. Abrangue tamén as dúas casas, cos seus respectivos lugares, situadas ao oeste da primeira, na outra beira do camiño da Mandada. Nestas terras cultivouse a comezos do século pasado tabaco. Unha vez apañado, levábase ao secadoiro da familia propietaria, situado a escasos metros da leira, na vivenda que se atopa entre a rúa do Carballal e a propia subida á Chan. Na planta alta desta construción, que na actualidade alberga unha vivenda (cunha tenda no piso inferior), colgábanse as plantas ata que estiveran sufi- cientemente secas para ser vendidas. A Carrexona aparece no Catastro

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==