Toponimia do Val do Fragoso

255 O E s p a z o h a b i t a d o é coñecido por algúns veciños e veciñas. Lembra aínda algún deles a dificultade que tiñan os camións, daquela de gasóxeno, para baixar cargados de pedra por este camiño que era no seu tramo máis baixo unha «lousada». Carboeiros, Os Carboeiro procede do latín carbonariu , ben do seu valor de adxec- tivo (referente ao carbón) ben do substantivo (oficio de carboeiro ou o lugar onde se producía carbón vexetal) 78 . Carboeira deriva de carbona - ria , que facía referencia ao lugar onde se facía, almacenaba ou vendía o carbón. Nos dous casos a raíz última atopámola no latín carbo , - onis ‘carbón’. Podemos pensar, polo tanto, que un topónimo deste tipo pui- do estar motivado pola presenza dalgunha das actividades relaciona- das co carbón, ou ben por ser o lugar onde habitaban, ou propiedade dalgunha familia que as tivese como oficio e fosen alcumados así. Hai preto de trinta lugares recollidos no Nomenclátor de Galicia co nome de Carboeiro ou Carboeira , con e sen artigo, aínda que a forma O Car- boeiro é a maioritaria. Núcleo de vivendas e terreos situados por debaixo do camiño de Cerdeiró, rodeadas ao norte e por poñente polo camiño dos Carboei- ros. No Catastro de Ensenada a forma maioritaria do topónimo é «Os Carboeiros», aínda que tamén aparece a forma en singular («Carboei- ro») e en feminino («A Carboeira»). Deducimos, pois, que posiblemen- te foi o masculino singular a forma orixinal e que o plural xurdiu, como tantos outros, secundariamente e o feminino con valor adxectivo (A Carboeira = ‘A do(s) Carboeiro(s)’). Na actualidade a forma Os Carboei- ros continúa a ser maioritaria para nomear este lugar, aínda que temos que destacar que tamén recollemos A Carboeira e As Carboeiras entre persoas de avanzada idade e veciñas do lugar. Ademais recollemos O Camiño dos Carboeiros , camiño na actualidade asfaltado e con ancho suficiente para a circulación de vehículos, pero aínda sen nomear na 78 Considerando que estamos a carón do Lugar dos Ferreiros, existiría a posibilidade tamén de que un topónimo Os Carboeiros correspondese ao lugar onde se verquían os restos do carbón usado na fragua. Porén, esta hipótese precisaría que se cumpran unha serie de premisas que non sabemos se se deron ou non.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==