Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 254 Canteira, A Deriva de canto ‘pedra pequena, particularmente a que a erosión tornou lisa e arredondada’, vocábulo de orixe incerta, probablemente céltica de acordo con Corominas (1980-1992, s.v. canto 3). As can- teiras, ao tempo que modifican radicalmente a paisaxe física do lugar onde se asentan, mudan tamén a paisaxe toponímica, posto que as montañas, grandes ou pequenas, que fan desaparecer, levan con elas os nomes aferrados á súa orografía. Deste xeito, é habitual que os luga- res onde se leva a cabo esta actividade pasen a ser coñecidos logo dun tempo como A Canteira e se borren da memoria colectiva os topónimos anteriores. Canteira de pequenas dimensión que estivo situada na parte alta do extremo norte da Costeira de Arrriba (Os Freires). Subindo polo camiño dos Freires, estaba á man dereita, aos pés do chalé que agora atopamos antes de chegar ao camiño do Xalón. En Mourelle, A Canteira estaba situada por debaixo, cara ao nacen- te, do actual pavillón de deportes de Bembrive. Accedíase a ela polo coñecido como camiño da Canteira. No pleno da Entidade Local do 15 de xuño de 1945 aprobouse cobrar pola extracción de pedra desta canteira «situada en el monte comunal del lugar de Mourelle». Catro anos despois, o prezo por cada carro de pedra extraído era de dúas pesetas (acta do 2/06/1949). O Camiño da Canteira, que parte da Estra- da de Bembrive, daba acceso á nomeada canteira. Vindo de Riomao, atopámolo xusto ao pasar a primeira casa que veremos á man dereita ao entrar en Bembrive, uns douscentos metros antes de chegar á ponte sobre o río de Eifonso. Sepultada pola autoestrada do Atlántico, case no lugar en que é cruzada á altura pola estrada do Rebullón, pouco máis ao nordeste da actual SCRD Xestas, localizamos A Canteira do Jo (Xestoso). Des- coñecemos se Jo era nome (Job) ou, máis probablemente, alcume, en referencia ao santo Job ; ou se era un hipocorístico ou un alcume doutra orixe distinta que descoñecemos. Hai quen a coñece como A Canteira do Bica, porque parece ser que foi un home de Valadares, alcumado O Bica , o último en explotala. O camiño asfaltado que ato- pamos á man esquerda e que sobe ata a SCRD Xestas, é O Camiño da Canteira . Este camiño chegaba antigamente á Canteira do Jo (e seguía cara ao norte para unirse co camiño da Feira) de aí o nome polo que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==