Toponimia do Val do Fragoso

253 O E s p a z o h a b i t a d o Camiño do San Cibrán que ten a denominación oficial de Camiño das Cerdeiras, nome do cal a veciñanza descoñece a procedencia, pos- to que nin se lle chamou nunca así nin existe ese topónimo no lugar polo que discorre. A Quiringosta ou A Quirincosta (posto que na fala adoita realizarse así) é o camiño de acceso á Loureira. Parte da rúa do San Cibrán, un pouco antes do bar Ramallos, e baixa entre os Campos da Eira, á esquerda, e As Cerqueiras á dereita. Podemos pensar que foi precisamente unha mala interpretación deste topónimo o que quizais deu orixe ao nome de camiño das Cerdeiras. Non obstante, isto e só unha especulación e, en todo caso, o nome correcto é A Quiringosta. No remate, á man esquerda, do camiño do Paso, Xestoso, localiza- mos As Quiringostas . Terreo con vivenda, pechado cun portal en que os seus propietarios teñen gravado o topónimo, tal como figura nas escritu- ras. O nome orixinouse, probablemente, por estar antigamente este lugar rodeado ao leste por un camiño, continuación do Paso, que se desdo- braba cara ao nordeste para ir a Esparramán e cara ao oeste, baixando pola súa cabeceira, para saír ao Camiño de Xestoso, fronte ao lugar das Ferreiras, e todos eles eran camiños angostos, quiringostas . No Catastro de Ensenada aparece unha propiedade, moi probablemente situada en Xestoso, denominada «As Quiringostras», propiedade de Estevan Nuñez. ACTIVIDADE ECONÓMICA As actividades económicas poden deixar a súa pegada no territo- rio, sexa en forma das construcións feitas para albergalas, ou como as modificacións na paisaxe que provocou a súa existencia. Porén, tamén deixan a súa marca no patrimonio inmaterial e en particular na toponi- mia, de xeito que nalgúns casos é esta a única vía que nos informa da súa pasada existencia. Presentamos baixo este epígrafe, polo tanto, os topónimos que nos falan de oficios ( A Ferreira , Os Carboeiros ) ou instalacións industriais máis ou menos incipientes ( O Folón , O Muíño Vello ), así como de ac- tividades extractivas ( A Canteira ). Pero incluímos tamén os que aluden aos posuidores do capital ( A coutada das Señoras , A Devesa do Rei ) 77 . 77 Outros topónimos da parroquia derivados de nomes que fan referencia a actividades rentistas como Conde ou Marqués introducímolos no apartado de propietarios modernos por tratarse claramente de alcumes.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==