Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 252 en bo estado as paredes, a canle elevada e un fermoso cubo redondo formado por aros enteiros de pedra superpostos, tipoloxía compartida só cos muíño das Crebadas e do Outeiro. Atópase na marxe dereita do rego de Pontecela. A Presa do Pouso situábase antigamente por riba do Muíño do Pouso. Podería tratarse do que algunha informante coñecía como Os Lagos do Pouso e outras como As Presas do Covelo, pero non podemos aseguralo. Muíño do Pouso Nota ao pé: Detalle da canle elevada e o cubo do Muíño do Pouso. Quiringosta, A Na zona tudense o estándar congostra sofre unha metátese do - r - para dar crongosta , que posteriormente se transforma en quiringosta . Unha vez máis, a transformación do - g - tras nasal en - k - propia das zonas de gheada, leva á aparición da forma quirincosta . Congostra , e polo tanto quirincosta e quiringosta , están relacionados co adxectivo latino angustus ‘estreito, angosto’ e designan os camiños fondos e es- treitos, normalmente encaixados entre valos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==