Toponimia do Val do Fragoso
251 O E s p a z o h a b i t a d o fa 76 entre todos. Xogabamos os domingos ás escondidas, á pita, á rueda etc». É un topónimo vivo na actualidade, e así a veciñanza continúa indo «coller o autobús á Pousa», en referencia á parada do autobús ur- bano que hai alí. A etimoloxía popular explica que o nome da Pousa lle quedou a este lugar porque «había un penedo e había alguén que pou- saba alí cousas». Pero a orografía explica perfectamente a súa orixe. Pouso, O Forma masculina derivada tamén de pausare que ten o mesmo sig- nificado orográfico de terreo chan, ou cando menos de menor inclina- ción, no medio dunha pendente. En Xestoso corresponde á zona encadrada entre o rego de Pontecela ou río da Candea ao oeste, cara ao norte O Crasto, A Lagoa polo leste, e a seguir a ladeira do Picouto e O Galleiro ao sur. É, polo tanto, a zona máis chaira, rodeada polas mencionadas pendentes, onde se asentan as casas que podemos ver na marxe esquerda do camiño do Pouso cando subimos dende O Crasto, así como as terras situadas do outro lado da estrada, fronte a elas, onde se atopa o Muíño do Pouso. Por exten- sión, tamén se consideran parte do Pouso a ladeira do Picouto, zona de monte encaixada entre o camiño do Pouso e A estrada das Plantas que se coñece como O Monte do Pouso, ou O Campo do Galleiro, onde se atopa o merendeiro do Pouso, e que forma parte xa da ladeira do Galleiro. O Pouso contaba no ano 1846 con 11 cabezas de familia, os mesmos que Mourelle e Cerdeiró, aínda que apenas un século antes era tan só o nome de terreos pertencentes a veciños do Carballal, O Paso e A Regada. O Camiño do Pouso empregábase antigamente para ir ao Porriño atravesando o monte. Parte da Regada de Xestoso e sobe polo Pou- so, dá a volta na curva onde se atopa co chamado camiño da Área de Lecer, e segue subindo para saír á estrada das Plantas na altura da Regueiriña. Se subimos dende A Regada polo camiño do Pouso, ato- paremos á man dereita uns 150 metros antes de chegar ao cruzamento co chamado camiño da Área do Lecer O Muíño do Pouso . Muíño de herdeiros actualmente abandonado e desmantelado, pero que conserva 76 ‘Alboroto, jaleo, ruido de niños jugando. Juerga, diversión’ (Carré Alvarellos, L.: 1926-1931, en DdD , s.v.).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==