Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 250 leiras aínda traballadas. Neste caso a motivación do topónimo non re- sulta tan evidente, a non ser, quizais, que fixese referencia a que daban entrada á Presa da Pedrosa. Portela, O Muíño da Diminutivo de porta mediante o sufixo - ela (< lat. - ella ), o que leva a pensar que poderiamos estar ante un topónimo de orixe medieval (a partir do século xiii o sufixo empregado para formar diminutivos foi - iña / o ), aínda que en Bembrive non atopamos este topónimo no Catas- tro de Ensenada . O substantivo portela pódese referir a un paso estreito entre montañas, que non sería o caso que nos ocupa, pero tamén a unha porta rústica, parecida a unha cancela, ou simplemente a unha ‘pequena abertura que se fai nun valado ou parede para que poida pa- sar o gando, o carro, a maquinaria ou as persoas’. Localizamos en Mourelle O Muíño da Portela , muíño de cubo na marxe esquerda do río de Eifonso, situado a medio camiño, augas abaixo, do Muíño de Migueliño e Blanco e do Muíño Novo ou de Ma- tías. Do outro lado do río, entre O Muíño da Portela e O Muíño de Matías temos as leiras dos Pereiros da Cova. Pousa, A Procede do latín pausa , relacionado co verbo pausare ‘repousar, des- cansar’. O termo pousa ‘lugar onde se pode descansar’ interprétase que podería ter un valor oronímico, para indicar a presenza dunha zona máis ou menos chaira no medio dunha pendente pronunciada que per- mite descansar e tomar folgos para continuar a subida. Este concepto de ‘lugar de descanso’ levaría posteriormente a que o nome de pousa se aplíquese ás hospedaxes situadas en lugares de paso. A Pousa (Mourelle) nomea o relanzo existente entre o camiño da Cova e a subida ao Carballal. Era o lugar empregado hai anos pola rapazada da contorna como punto de encontro onde xogar, ao que acudían tamén as rapazas e rapaces da Pouleira de Beade. Tal como nos dicía unha veciña da Cova de setenta e oito anos, «faciamos ghalli-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==