Toponimia do Val do Fragoso
249 O E s p a z o h a b i t a d o Lugar do barrio de Xestoso situado no pequeno alto a onde nos leva O Camiño do Paso (na actualidade Camiño do Pazo ). Unha das casas máis antigas do lugar, posiblemente a que máis, é a coñecida como A das do Paso. Está situada no alto e era unha casa con eira e cinco portais (segundo lembra unha das súas antigas ocupantes) para saír a cada un dos camiños que antigamente a rodeaban, algúns máis ben congostras, tal como quedou gravado na toponimia da zona (–> A Quiringosta). En especial, o camiño que seguía cara a Xestoso, que agora remata nunha vivenda, estreitábase moito ao pasar polo lateral da casa do Paso , tanto que apenas entraba un carro. Quizais este paso tan complicado puido orixinar o topónimo considerando que fose O Paso . Por outra banda, no Catastro de Ensanada aparece unha veciña de Xestoso chamada Apelonia do Pazo, pero tamén figura xa «O Pazo» ou «o Paço» como topónimo que nomea tanto terras de labor e coutadas como o lugar de habitación de Isabel da Barja, Lourenzo Gómez e Rafael Campos. Porta, O Campo da Topónimo viario, do latín porta . Pódese referir á entrada a un lugar, ou a un paso. É o conxunto de terras que temos fronte á Presa da Parrovella de Arriba (ou da Fonte do Seixo) cara ao suroeste. Están rodeadas, polo tanto, polo camiño e as casas da Bouzafría ao leste, o carreiro que baixa ata O Muíño da Bouzafría polo noroeste e o valado que os separa do Ramallal ao sur. As situadas na parte alta, contra o camiño da Bou- zafría, onde hai un par de casas construídas e onde se atopa A Pedra da Moura, son coñecidas como As Pereiriñas. Na fala emprégase maiorita- riamente o plural secundario Os Campos da Porta . Neste caso o nome puido estar motivado polo feito de ser os campos polos que había que pasar (rodeándoos) para acceder ao río e á Ponte e Muíño da Bouzafría. Para chegar á A Presa do Campo da Porta, presa terreña, rodeada de vexetación, situada no Carballal, hai que baixar por un carreiro que sae do camiño de Cerdeiró, no seu comezo, case fronte ao camiño das Cunchadas, deixando á man dereita a casa coñecida como A do Galo. Andando uns cen metros, pasando pola parte de atrás da Pereiriña e A Roleira chegaremos ata a presa, e se continuamos o camiño uns poucos metros máis estaremos na Fonte da Pedrosa. Están alimentadas polas augas do rego de Pontecela. Aos pés desta temos O Campo da Porta ,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==