Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 248 eles para situarse ou por tomalos como referencia na paisaxe. En todo caso serán lugares ben visibles. Tamén podería tratarse dunha altera- ción do topónimo O Aguieiro (lat. aquilario ), que correspondería non só a un lugar onde abunden as aguias, senón ao que presente as carac- terísticas que o posibiliten. Recibe este nome o curuto que vemos entrando pola rúa da Chan dende A Regada, á man esquerda. O topónimo, con e sen artigo («O Guieiro», «Guieiro») aparece en máis de media ducia de ocasións no Catastro de Ensenada e en máis do dobre no Libro de afanegados , coa categoría nalgunha delas de «dehesa». Figuran tamén as dobres deno- minacións «guieiro o payo» e «guieiro o candea», ambos topónimos presentes na actualidade na súa contorna, pero tamén a de «guieiro o pleito». Ese topónimo «Pleito», que en afanegados atopamos tamén como «souto do pleito» ou, maioritariamente, «coutada do pleito» non o rexistramos a día de hoxe en ningún punto da parroquia o que faría referencia ao feito de que nalgún momento o terreo así nomeado estivo sometido a un preito ‘disputa xudicial’ que o tivo por obxecto. Paso, O En zonas de seseo como é o noso caso confúndense os topónimos O Pazo con O Paso , polo que non é posible diferencialos na fala. No primeiro caso atopariámonos ante un termo procedente do latín pala - tiu , nome que se lles daba ás vivendas que había no Monte Palatino de Roma. Posto que moitas delas, no período republicano, pertencían a cidadáns podentes, asociouse a idea de vivenda grande e luxosa ao seu significado. En galego pazo designa unha casa principal. A apari- ción dun topónimo Pazo pódese deber, polo tanto, á existencia dunha antiga vivenda de certa relevancia (non necesariamente nobre) ou á presenza no lugar dunha familia alcumada ou apelidada así. No segun- do caso, o paso (lat. passus ) referiríase a un ‘lugar para pasar estreito e difícil’. Normalmente aplícase a un paso entre montañas, ou ao paso dun río, pero pódese empregar noutros casos en que o acceso tamén sexa complicado, aínda que non haxa un obstáculo deste tipo. Ante a dúbida mantemos o topónimo como O Paso , xa que permite as dúas realizacións. Optar por Pazo implicaría alterar a forma do topónimo no caso de que a correcta fose Paso .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==