Toponimia do Val do Fragoso
23 A A u g a Regada, A Ten regada a acepción de ‘canle por onde baixa un rego de auga’, pero tamén a de ‘caudal que leva un rego’ ou incluso pode facer refe- rencia ás terras situadas nas marxes dun río e polo tanto regadas por este. Trátase do participio do verbo regar , do latín rigare . Malia que a evolución normal dende o latín debería ter levado á desaparición do – g ‐ intervocálico, no caso de regar e os seus derivados mantívose posi- blemente pola interferencia de rego , de orixe prerromana. No barrio de Xestoso localizamos A Regada que abrangue as terras e casas dispostas nas marxes do camiño da Regada, dende a ponte das Pereiras ata a rúa de Xestoso, e que se estende cara ao noroeste pola franxa comprendida entre a devandita rúa e río de Paio ou da ragada, que marca a súa estrema ao oeste. Noméase tamén como A Regada ou As Regadas especificamente o conxunto de leiras situadas por riba do río da Regada ou de Paio, ata testar cos Pardiñeiros, por riba dos cales están xa os lugares das casas que dan á rúa de Xestoso. A Regada era xa un núcleo de poboación no ano 1752, tal como se recolle o Catastro de Ensenada, en que aparecen censadas neste lugar un total de cinco ca- sas. No final do camiño da Regada, na encrucillada coa rúa de Xestoso e o camiño do Pouso atopamos O Lavadouro da Regada e A Presa da Regada. Ademais desta presa hai dúas máis, unha, semisepultada pola vexetación, está entrando cara aos campos logo de percorrer uns cento setenta metros pola rúa de Xestoso; e uns noventa metros máis adiante, na beirarrúa esquerda da propia estrada, temos a terceira delas. Dentro da Regada, ademais da Regada das Pedras ao noroeste, localizamos, no estremo sueste, A Regada Grande, onde se atopa O Lavadouro da Regada. Regadiña, A Nas Pedrás situamos este topónimo, diminutivo de Regada , que de- signa os campos, algúns con millo e outros a poulo, que atopamos de fronte ao chegar ao final do chamado Camiño Espedrás (entrando dende a Estrada de Bembrive), cando xira de xeito moi pronunciado á esquerda. Limita coas Costas polo leste e co río de Xalón ao norte.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==