Toponimia do Val do Fragoso

247 O E s p a z o h a b i t a d o Tamén recibe este nome o cruzamento de camiños que temos dian- te do Lavadouro da Regada, en Xestoso. Estrada, A Do latín ( via ) strata ‘camiño empedrado’. Este topónimo indícanos a existencia dun antigo camiño empedrado ou lousado (en ocasións continuación dunha estrada romana), polo tanto de certa relevancia, manifestada tamén polo feito de que serviu como referencia no seu momento para nomear os terreos situados ao seu carón. Grande extensión de monte situada entre O Coto dos Mosquitos ao norte e O Poulo Verde ao sur, por riba da Espiñeira (O San Cibrán). Es- trema por nacente coa veciña parroquia mosense de Cela. Corresponde aproximadamente na actualidade, a toda a franxa de monte que temos entre os viveiros Adoa e o Círculo Mercantil, cara ao oeste. Lembran as veciñas máis vellas a presenza dunha lagoa na Estrada, coñecida así, como A Lagoa, pero sobre todo o aramado que protexía as conducións da auga que ía para Vigo. A lagoa, situada na parte alta da regueira que baixa logo á Pedreira, aínda existe hoxe en día, poucos metros por de- baixo da estrada das Plantas, entrando fronte a "Viveiros Adoa". En Xestoso, A Estrada alberga o núcleo de casas situadas na coñeci- da como a rotonda do Memorial, entre a estrada das Plantas e o camiño da Viña Grande. Dende aquí, esténdese cara ao sur abranguendo as coutadas que atopamos ata chegar ao Monte Vello e linda ao oeste co Lugar do Cea. Entendemos que a orixe deste topónimo a debemos bus- car no antigo camiño que baixaba polo coñecido actualmente como camiño da Feira cara á Parrocha, pasando, polo tanto, polo estremo sueste da Estrada e que entendemos se correspondía co camiño real medieval O Porriño-Vigo (–> A Madorra ). Non aparece A Estrada no Catastro de Ensenada , pero si no Libro de afanegados , no que rexistra- mos unha propiedade co nome de «Aradas o Estrada». Do lugar de Cea partía O Camiño da Estrada , que saía á Viña Grande polo lugar da Tía Otilia, aproximadamente á altura da rotonda do "Vigo Memorial". Guieiro, O Procede de guidariu e este do verbo latino guidare ‘guiar’, polo que se aplicará a lugares empregados para guiarse, ben porque se sobe a

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==