Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 246 Cruz: «onde campo de fútbol das Plantas. Chámase campo das Plantas porque os nenos da escola da Chan foron plantar alí moito». A Volta da Cruz (A Gandariña-O Castelo) coincide co lugar onde a avenida de Madrid cortou o antigo camiño real que viña do Porriño e ía pola Gandariña cara a Vigo (–> A Madorra). O tramo que quedou na parte de Bembrive é o que recibe agora o nome de baixada ao Castelo e o de Lavadores, na Gandariña, é agora a rúa Paz Pardo. Unha volta é unha curva nun camiño. Etimoloxicamente é o participio feminino do verbo volver (lat. volvere ) e na toponimia dá lugar tamén a topónimos viarios. Neste punto, relatábanos un veciño: «víanse a relleira das rodas de carro no camiño real». Cruceiro, O Derivado de cruz mediante o sufixo - eiro . Un cruceiro é unha ‘cruz grande de pedra, lisa ou con figuras esculpidas, sobre unha longa co- lumna asentada nunha plataforma, que adoitaban poñerse nas encru- cilladas, mais tamén á beira dos camiños, nos límites das parroquias e nos adros das igrexas’, pero tamén pode facer referencia á existencia dunha encrucillada de camiños, como ocorría no caso da Cruz. É o punto onde se produce o cruzamento entre a rúa que sobe do Mosteiro ao Monte do Calvario e a que vai cara a Novelos. Antigamen- te había sete cruceiros ao longo desta subida, o meirande deles era precisamente o que estaba no Cruceiro. Máis arriba estaban as tres cru- ces do Monte Calvario. Aínda que estas aínda se conservan, as outras sete xa desapareceron, menos unha, que podemos atopar na beira da estrada, pegada ao muro dunha casa, uns pouco máis arriba do camiño da Garabulla. Encrucillada, A É o lugar onde se produce un cruzamento de camiños. Encucillada é un derivado de cruz que procede do latín medieval incruceliata . No Outeiro, A Encrucillada é o cruzamento da rúa da Cruz co cami- ño da Ribeira (antes Camiño da Devesa). Nas encrucilladas como esta paraban sempre as comitivas que acompañaban os defuntos ao enterro para botar un responso.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==