Toponimia do Val do Fragoso
245 O E s p a z o h a b i t a d o unha propiedade chamada «A Cruz» e outra «A Cruz de Larín», que é tamén o «lugar de habitación» do veciño Benito de Parada, mentres La- rín, ademais de figurar profusamente como nome de terreos, é o lugar de habitación de ata nove familias de Bembrive. Isto lévanos a pensar que, aínda que na actualidade Larín quedou restrinxido a unha serie de terras de labor e o topónimo A Cruz é máis coñecido ao darlle nome a todo un lugar, na época de elaboración do Catastro de Ensenada (1752), a situación debía ser a contraria, é dicir, Larín era o núcleo máis importante, do cal a Cruz formaba parte. Isto mudaría só uns cen anos despois, posto que no Libro de afanegados de 1846 A Cruz é xa lugar de habitación que contaba con 15 veciños, polo tanto, un dos máis populosos da parroquia, mentres Larín (na maioría dos casos referido como «Lameiro o Larin») atopámolo só como nome de terras perten- centes a veciñas e veciños da Cruz. O Camiño da Cruz é o camiño que partía da intersección co camiño das Cavadiñas, cara ao Carballal. Agora forma parte da Rúa da Cruz (rúa Cruz na forma oficial, sen pre- posición). Ao pasar a encrucillada e dirixirnos cara ao Carballal á man dereita, por debaixo do nivel da estrada, nas Leiras, temos A Fonte da Cruz do Outeiro . Recibe o nome de A Cruz de Ferro o terreo de monte, pertencente xa ao concello de Mos, que queda aproximadamente fronte á entrada principal do edificio do Círculo Mercantil. No San Cibrán, A Chan da Cruz é a zona de monte situada na estre- ma coa parroquia das Pereiras, pertencente ao concello de Mos, onde se atopa o campo de fútbol de Bembrive, coñecido como campo de fútbol das Plantas. Esténdese cara ao oeste ata o comezo da pista da Fraga e estrema co Coto dos Mosquitos polo sueste e coa Pedreira polo suroes- te. Procede o nome da gran chan que había no lugar onde se situou o campo de fútbol, aínda que descoñecemos a motivación para o modifi- cador da Cruz . No ano 1948 (15 de novembro) acordouse nun pleno da Entidade ceder tres hectáreas «en el monte conocido por Chan da Cruz» para couto escolar «unido a la anterior repoblación esta la extrema con Tameiga». O coto ampliarase tan só tres anos despois, por petición do mestre-director da escola de Bembrive. A plantación realizada polo alumnado neste couto sucesivamente ampliado, deu lugar ao nacemento do novo topónimo As Plantas que dá nome agora ao campo de fútbol situado nesta zona e á estrada que pasa por ela. De feito, así nos situaba unha veciña o lugar da Chan da
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==