Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 244 A Corredoura Cruz, A Cruz é unha palabra de orixe latina ( crux , crucis ) que na toponimia pode aludir á presenza dun cruzamento de camiños 75 ou á existencia dun cruceiro. Porén, ambas acepcións están moi relacionadas, posto que as encrucilladas eran precisamente os lugares onde habitualmente se situaban os cruceiros. Deste xeito, é complicado saber, cando esta- mos ante un topónimo coa forma A Cruz , cal dos dous motivos foi o que propiciou a súa orixe. A realización na fala é en todos os casos A Crus , co seseo final propio do galego occidental. Estamos ante un núcleo de vivendas situadas ao redor do cruzamen- to do camiño das Cavadiñas (agora subida á Cruz) coa rúa da Cruz. É considerado un dos lugares do barrio do Outeiro. Na actualidade, atopamos no devandito cruzamento, situado á man dereita conforme subimos dende o Outeiro, un cruceiro formado por unha cruz de pe- dra lisa. Se nos poñemos diante del, pero dándolle as costas, podemos ver, formando parte do muro da casa que nos queda enfronte, a cruz antiga que existía neste lugar. No Catastro de Ensenada aparece só 75 O valor de cruz como ‘encrucillada viaria’ está sendo substituído polo castelanismo cruce.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==