Toponimia do Val do Fragoso

243 O E s p a z o h a b i t a d o Carreiro, O Un carreiro é un sendeiro, un camiño estreito que se fai ao andar por el, que só serve para pasar a pé. Por isto, en contraposición aos camiños de carro, os carreiros son con maior frecuencia chamados ca- miños de pés. Aínda que pareza contraditorio, carreiro é en realidade un derivado de carro . Foi o feminino carreira , do latín (via) carraria, o termo que conservou, entre outros, o significado de ‘camiño de carros’ en moitas zonas de Galicia, por exemplo en Trabada, Lugo (Marqués: 2004, p. 924). Se entramos pola rúa de Mandín dende a da Mouteira, uns dous- centos cincuenta metros máis adiante, xusto ao pasar a curva coñecida como A Volta do Popó, Os Carreiros son as leiras que temos á man esquerda, fronte ao Polón e por debaixo da Soaxeira. A etimoloxía po- pular atribúe este nome ao feito de que ata hai non moitos anos, o que agora é a rúa de Mandín eran carreiros (bastante malos de transitar) levando a pensar que este topónimo podería ser de recente creación. Pero en realidade o topónimo ten como mínimo máis de dous séculos de vida posto que aparece xa recollido no Catastro de Ensenada . Iso si, a forma que atopamos é sempre o singular «O Carreiro», polo que esta sería a forma acaída para o topónimo, aínda que hoxe en día na fala a forma maioritaria é o plural secundario Os Carreiros . Corredoura, A Corredoura é a variante no galego suroccidental (co sufixo - oura , como vasoura ) de corredoira ‘camiño de carros’. Xurdiu na alta Idade Media como curritoria , palabra derivada do verbo latino currere ‘co- rrer’. Entrando dende a igrexa de Bembrive polo camiño dos Pumariños, A Corredoura ou As Corredouras son as leiras que nos quedan á man dereita, ata chegar ao camiño dos Pelames que baixa dende O Mos- teiro. A forma en singular aparece xa en dúas ocasións no Catastro de Ensenada.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==