Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 242 redundancia que representa a forma O Alto 74 da Torre explicaríase polo feito da terse perdido no tempo a acepción metafórica de torre como lugar elevado engadíndoselle máis tarde o primeiro elemento «alto de» como descritor do lugar. Nun dos topónimos «A Torre» que figuran no Libro de afanegados , en concreto o que corresponde á propiedade de «Juan Fernandez herrero del Carballal», atopamos a seguinte cita: «labradio y viña del sitio da Torre o Lameiro, en donde se halla colo- cado encima del vallado el mojon divisorio con Sárdoma». Aínda que na actualidade a estrema continúa pasando na actualidade pola Torre, descoñecemos onde se pode atopar o marco que se menciona. En todo caso, a menos de cincocentos metros en liña recta cara ao oeste, xa en Sárdoma, hai un muíño, movido polas augas do río de Ei- fonso nomeado O Muíño da Torre . Está situado no punto en que o río é cruzado pola estrada do Lameiro, que vai dende a avenida de Madrid cara a Moledo. Parte desta estrada, en concreto o tramo que ía dende a altura da (–>) Fontaíña ata Moledo era coñecida como O Camiño da Torre. Isto suxire que houbo un tempo en que o topónimo A To- rre abrangueu unha importante extensión, posiblemente dende o alto que actualmente nomea, estendéndose aba abaixo ata o río de Eifonso, onde está o muíño da Torre. Situadas ao redor da Presa da Puga, A Torre comprende as terras de labor non traballadas na actualidade, ás que se accedía polo camiño dos Freires de Abaixo. TOPÓNIMOS VIARIOS Topónimos procedentes do nome de elementos do sistema viarios, estradas, carreiros, cruzamentos ou incluso das posibles zonas de des- canso existentes nos percorridos dos camiños de forte pendente ou re- ferencias para a orientación. 74 O susbstantivo alto procede do latín altu . Porén, é unha forma de aparición tardía, polo que os topónimos nos que está presente deberon crearse, segundo Navaza (2011: 166), en datas posteriores á Idade Media. A forma patrimonial derivada de altu é outo, presente en topónimos como Montouto.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==