Toponimia do Val do Fragoso

241 O E s p a z o h a b i t a d o calizar e chamar a quen estaba nas terras situadas por debaixo del: na Buraca, no Redondo ou na Fontaíña, ou Os Campos da Viña da veciña Sárdoma. Era o lugar elixido tamén para facer as cornetadas 73 , ao ase- gurar que así fosen escoitadas en moitos metros ao redor. Nesta zona tamén localizamos A Presa da Torre , no Lameiro, aproximadamente aos pés do lugar que hai un pouco máis adiante, en dirección a Lava- dores, da Fonte da Leiteira. En ausencia dun estudo histórico máis profundo que nos permitise descubrir a existencia dalgunha torre neste lugar, a orixe oronímica parece a máis plausible. A Torre aparece xa recollida como topónimo tanto no Libro de afanegados como no Catastro de Ensenada , mentres que a forma O Alto da Torre non figura en ningún deles. No caso de que, tal como apuntamos, a orixe deste topónimo fose a oronímica, a 73 No blog Toponimia de Vigo (toponimiavigo.blogaliza.org ) Beatriz Varandas publicou un artigo sobre as cornetadas no que se explica en que consistían (no fragmento que reproducimos a continuación), ademais de recoller algunhas coplas das cornetadas que se facían en Zamáns: «As coñecidas cornetadas* ,noutras zonas de Galicia reciben o nome de cencerradas , cincerradas , cinzarradas (todos castelanismos) ou chocalladas , trangalladas etc.- eran un costume moi estendido polas parroquias rurais galegas hai apenas uns anos». *A Enciclopedia Galega Universal define a cornetada como: Burla dirixida ós viúvos na noite do seu casamento cando volven casar. Prolóngase durante varias noites, nas que se entoan unha serie de coplas satíricas. Adoitaban acompañarse de sons de chocallos, tixolas, cacharros vellos ou calquera instrumento improvisado. O esquema resultaba ser sempre o mesmo; a primeira copla era invariable: Quen casou? / Bata cagada. / E con quen? / Con Mexa na Cama. /Arriba coa chocallada. A seguinte esfrofa recollía os alcumes e o momento no que se coñeceu a parella, acompañada doutras nas que se resaltaban defectos físicos ou morais da parella. En determinados lugares, os mozos que ían casar a outras parroquias ou que non respectaban os costumes antigos do lugar, tamén eran obxectos da chocallada. Unha vez que esta remataba, adoitaba celebrarse un baile o domingo pola tarde coñecido como festa dos mozos . Un dos instrumentos máis típicos que se empregaba para facer ruído e acompañar as coplas eran os cornos e de aí o nome de cornetadas . Pero estas non eran só un xeito de divertirse senón que agochaban detrás unha dura crítica social, que se dirixía a todos os que ousaban transgredir a asentada moral tradicional.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==