Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 240 Marco entre Bembrive e Cela no Coto da Madorra. Torre, A Procedente do latín turre . Como topónimo pode estar motivado pola existencia dunha torre no lugar así nomeado, ou ben referirse, en sentido metafórico, a unha elevación do terreo, ao igual que ocorre co topónimo Castelo . Torre ten moitísima vitalidade na toponimia de to- dos os dominios románicos, tanto en sentido recto como figurado. No Nomenclátor de Galicia recóllense máis de cen lugares con este nome. En Baruxáns, A Torre é un pequeno outeiro situado na estrema coa parroquia de Sárdoma. Circulando pola avenida de Madrid cara ao Po- rriño, apreciámolo claramente á man esquerda, xusto fronte ao inicio das instalacións de Fenosa, parte das cales están situadas aínda dentro da Torre, así como a propia avenida, que cortou a ladeira do outeiro. Hai que ter en conta que aínda que o outeiro é pequeno, os terreos coñecidos como A Torre ou O Alto da Torre abranguían unha certa extensión. Na Torre hai na actualidade dous chalés de recente constru- ción, pero non hai moitos anos, cando o teléfono móbil nin era unha posibilidade imaxinable, cumpría a función de atalaia dende a que lo-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==