Toponimia do Val do Fragoso
239 O E s p a z o h a b i t a d o relación que se establece na mitoloxía popular entre mouros e vestixios arqueolóxicos. Aparecen no Catastro de Ensenada dúas propiedades a nome de Juan Estévez chamadas «Madorra» e unha «Madorra» a nome de Marta Alonso. Así mesmo atopamos en Afanegados tres «Viña de Madorras». Porén, descoñecemos se corresponden co Coto da Madorra actual ou denominaban outra existente na parroquia. Na actualidade, a mámoa do Coto da Madorra quedaría encadrada na zona en que no catálogo de xacementos arqueolóxicos da Xunta se sitúa o complexo chamado das Pereiras, con tres mámoas catalogadas. 72 Ao Coto da Madorra chega polo nordés un camiño empregado anti- gamente, tal e como nos contaba un veciño, polos carrexóns e estraper- listas. Tendo en conta o feito de que para estas tarefas se adoitaban em- pregar en moitas ocasións camiños de longo percorrido xa previamente existentes e que nos atopamos nun punto moi destacado pola presenza dunha madorra é posible que esteamos quizais ante un camiño da an- tiga rede viaria medieval, algo que en todo caso requiriría dun estudo máis profundo. No libro Los caminos medievales de Galicia (1988) da historiadora Elisa Ferreira aparecen tres camiños principais que pasa- rían pola parroquia de Bembrive: o camiño Tui-Vigo por Ribadelouro para o que aparece o seguinte percorrido na parroquia: [...] y de alí [Herbille] a Zamanes, de donde salía una calzada, probablemente romana, que iba por el lugar de Zidanes ( Civitas ) al antiguo monasterio de Cela y al «porto» de Nespereira («Inés Pereira» en los documentos). De allí seguía bordeando el monte de «Pedra Cavalaria», por el casal da Presa de Beade hasta el lugar de Estrada, donde bifurcaba:[...]. O camiño O Porriño-Vigo: «Sanguiñeda, Piñeiro, Ansar, Piedraú- cha, Alto de S. Colmado, Bembrive, puente de Gandariña- y Stª Cristina de Lavadores». E, finalmente, o camiño Tui-Redondela, do cal se di: «También de allí [Cans] salía un camino hacia Vigo por el Alto de San Colmado, cerca de Cela y Bembrive, y que a su vez tenía una desvia- ción hacia Bayona por Zamanes y Vincios». 72 Tamén se nomearon como Mámoas das Pereiras as existentes ao redor do campo de fútbol das Plantas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==