Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 238 emparentado co latín meta ‘elevación’ e probablemente (de acordo con numerosos autores) 70 cunha raíz preexistente de orixe prerroma- na de significado semellante, que quedou fixada nas formas mouta e mota . No Nomenclátor de Galicia aparecen seis lugares co topónimo A Madorra e sete con A Medorra . O Coto da Madorra ou da Medorra , posto que debido á fraxilidade da vogal protónica se vacila entre as dúas formas na fala, é un outeiro que sobrepasa os cincocentos metros de altura (snm). Pertence xa a Cela, pero está moi próximo ao punto en que converxen esta parroquia do concello de Mos coas de Bembrive e Zamáns. De feito, o monte co- munal de Bembrive que estrema neste punto recibe este mesmo nome. No punto máis alto do Coto da Madorra hai un conxunto de pedras en- cabalgadas debaixo do cal atopamos o marco número 48 do monte de Bembrive, que no plano de deslinde do «monte de San Ciprian, NUM 563 de UP», de 1958, se nomea como «Piedra Cabalaria». Isto leva a confusión entre este lugar e a zona de monte coñecida como A Pedra Cabalaria que se sitúa aproximadamente a un quilómetro en dirección noroeste, na estrema con Beade (–> As pedras con nome de seu). Po- rén, o máis destacado é a presenza da madorra que lle dá nome ao lugar e que se atopa a uns poucos metros ao sur das devanditas pedras encabalgadas, dentro dun terreo acoutado cun aramado. Alí podemos observar unha pequena elevación no terreo que delata a súa presen- za e, no seu centro, unha depresión similar ao cráter dun volcán que se corresponde co cono de violación 71 . Aínda que non hai constancia explícita entre a veciñanza de que este lugar poida corresponder a un xacemento arqueolóxico, si que hai quen di que «alí había pedras dos mouros», o que vén sendo un indicio da súa existencia, dada a habitual 70 En Marqués (2004: 559) pódese atopar unha recompilación das diferentes teorías existentes ao respecto. 71 No ano 1906 o clérigo Pedro Vázquez de Orxás, criado nas Indias, obtivo unha Real Cédula de Felipe III para abrir as sepulturas antigas e extraer delas as riquezas que puidese atopar, pagándolle á coroa o canon correspondente. O licenciado divulgou a súa concesión por feiras e romarías, chegando a desatar unha especie de febre do ouro que levou a que gran parte das mámoas coñecidas fosen violadas (unhas 3000 segundo a súa propia denuncia) ( Fábregas , 2003). Normalmente abríase un buraco pola parte superior para, a través del, explorar o seu interior. A forma de pequeno cráter que provoca esta abertura é coñecida como «cono de violación».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==