Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 22 entre leira e leira, ata o momento en que remata a quenda propia e se debe deixar pasar a auga para os campos veciños, pechando a antol mediante a introdución dun turrón no rego. Unha vez que a auga está dentro do campo, bótase a entalleira ou vaise entallando , isto é, vanse facendo entalles ou entallos (cortes) no rego para permitir que a auga entre perpendicularmente nas leiras, que son as porcións de terreo que quedan entre rego e rego. En cada leira póñense uns tres ou catro ca- rreiros de millo. Unha variante, característica do galego suroccidental e empregado posiblemente en todo o val Miñor, é tol ou atol 11 , pero existen máis variantes como antola , recollida durante a realización des- te traballo a un veciño nativo de Valeixe. Sobre este tema, Sarmiento (1746–1770), na Colección de voces y frases de la lengua gallega , reco- llido no Dicionario de Dicionarios , dinos o seguinte: En Tuy se llama tol y una tol aquella presa de agua que sirve para regar los maizales u otros sembrados. Hay verbo gallego entolar el agua, y es cuando se divide el agua para el riego. En Pontevedra se llama tola a aquella presa menor de agua. En lo restante de Galicia se llama levàda de agua. La voz presa , de prehendo es una como tomada o tomadura de agua o toma o tola , y todo de tollo , tolo . Si esos pequeños acueductos vienen encañados con caños de barro, se llama en los autores rei agrariae , canabulae y novercae . En portugués existe tamén o termo tola , do que Piel (1947a: 314) nos di o seguinte: «provincialismo minhoto que significa ‘talheiro, tal- hadouro, pijeiro, cobradoiro’ [...] Todos estes termos dizem respeito a un lugar onde se abre ou fecha un rego de água num desvio para outro, consoante as necessidades da irrigação». As terras de labor situadas na marxe esquerda da regueira que baixa dende A Fonte da Pedrosa ata o río de Eifonso, aquí chamado O Río da Pedrosa, reciben o nome de O Río da Antol . Este topónimo foi referido por un mesmo informante coas formas O Río Antol e O Río de Antol . Esta segunda, onde está presente a preposición, sería de entre elas a máis tradicional. Con todo, semella faltar un artigo, que repoñemos na forma recomendada O Río da Antol. 11 Usada tamén noutros lugares como Tebra. No dicionario de Franco Grande e o apéndice ao dicionario de Eladio Rodríguez (en DdD , s.v.) defínese como‘o corte que se fai nun sendeiro ou na cabaceira dun campo para dar paso á auga’.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==