Toponimia do Val do Fragoso

237 O E s p a z o h a b i t a d o especies autóctonas no interior. Porén, a veciñanza lembra como non hai moitos anos, cando os seus propietarios explotaban as coutadas e a vexetación estaba cortada, se podían apreciar os muros de pedra que constituían as murallas defensivas do castro que hai séculos alber- gou. No catálogo de elementos protexidos, incluído no documento do PXOM de Vigo 'xa se consideraba malo o seu estado de conservación, e suxeríase a limpeza e acondicionamento do castro e da súa contorna'. No mesmo documento considerábase o seu estado de conservación «malo» e suxeríase como «melloras a realizar» a limpeza e acondicio- namento do castro e a súa contorna. O Crasto divídese, por alturas, no Crasto de Arriba , O Crasto do Medio e O Crasto de Abaixo . Ademais, temos outros topónimos como O Crasto Alto , coutadas situadas na parte alta do Castro, ou O Crasto da Mina . Na mitoloxía galega os castros, así como algunhas rochas e pene- dos, considéranse lugares habitados polas mouras, tanto na súa forma humana como de serpe, e así ocorre tamén no Crasto de Xestoso, onde se di que había unha cobra que cantaba na mina. Tamén existe a lenda que di que ao ler un libro ás doce da noite se abría unha pedra grande que había no Crasto e saía unha cóbrega. «O Castro» aparece no Catastro de Ensenada como nome de terras pero tamén como o lugar de habitación da veciña María Pérez, que non dispuña de ningunha outra propiedade. Faise moito fincapé, prin- cipalmente por parte da veciñanza máis próxima, en diferenciar este castro, nomeado O Crasto , do coñecido como O Castro de Vigo, como sinal de identidade. Posto que ademais esta forma está recoñecida no Nomenclátor de Galicia , en que aparecen dous lugares chamados O Crasto nas Neves, a forma aconsellada para este topónimo é O Crasto . Madorra, O Coto de Madorra , medorra , medoña ou modorra (nunha das súas acepcións) son sinónimos de mámoa ‘sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen ou anta 69 cuberto por un montículo de terra de planta circular, de arredor de cinco metros de altura’. O termo está 69 Habitualmente arca (do latín arca ‘recipiente’) en todo o noroeste peninsular (Navaza, 2011: 190).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==