Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 236 xacemento como «pouco alterado», aínda que fora afectado por algunha construción e ata unha escavación furtiva, así como pola apertura da estrada A Baixada ao Castelo . Esta estrada baixa dende o camiño do Areeiro, pasa pola praza da Parrocha e morre uns metros máis abaixo, no Castelo. É un tramo do antigo camiño Vigo-O Porriño que continuaba dende o Castelo pola Gandariña cara a Vigo (–> A Madorra). Na actuali- dade, o xacemento da Pomba non ten ningunha medida de protección e nin sequera se atopa sinalizado. Puideron ser as ruínas desta villa as que motivaron quizais na imaxinación da poboación a aparición do topóni- mo O Castelo, pero chama a atención o feito de que non apareza citado no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Grazas a un documento de 1635, o testamento de D. Antonio Mén- dez (–> Recaré), sabemos que este lugar se atopaba cuberto de carba- llos e castiñeiros xa que se di: Con más un pedazo de monte que ya fue cerrado en el lugar da Parrocha junto a otro pedazo de monte, que son plantados de árboles como robles y castaños, el cual dicho pedazo de monte parte con estrada real que va a la dicha villa del Porriño el cual se entiende hasta las piedras del Coto, que cae sobre la Gandari- ña y parte por otro lado con el monte de santa Cristina de Lavadores. Polo tanto, fai referencia á franxa comprendida entre o camiño real coñecido agora como A Baixada ao Castelo e os montes de Lavadores, precisamente a zona ocupada pola Pomba e O Castelo, topónimos que, por outra banda, non se mencionan tampouco neste documento. Crasto, O Procede do latín castru ‘campamento fortificado’, substantivo empre- gado polos romanos para designar certos asentamentos de poboación da zona noroccidental de Hispania que na lingua celta ou celtibérica recibían o nome de briga e que na toponimia galaica prerromana se expresa mediante un segundo elemento - bre de topónimos compostos como Alcabre, Sillobre, Añobre, Castrove etc. Na fala, por metátese do - r - aparece como forma popular crasto . O Crasto (Xestoso) é o monte enclavado entre o río da Candea, ao leste, a rúa da Regada ao norte e o camiño do Pouso que seccionou parte da súa aba, ao oeste. Na actualidade observamos tan só a existen- cia dun pequeno monte cuberto de vexetación arbórea, fundamental- mente piñeiros nas coutadas das marxes, pero con certa diversidade de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==