Toponimia do Val do Fragoso
235 O E s p a z o h a b i t a d o Quintán Resultado na nosa zona do latín quintana , derivado en última instan- cia do numeral quintus ‘cinco’. Unha quintá era en orixe unha casa no campo. Logo pasou a designar un espazo aberto entre muros e casas. Lugar do barrio do Mosteiro que abrangue o núcleo de casas e terras situadas na marxe esquerda da estrada de Bembrive, baixando, dende a entrada ao camiño dos Pelames, uns cen metros máis abaixo da pra- za do Mosteiro, ata a entrada ao camiño dos Pumariños, uns metros antes da rotonda de Eifonso. Estes camiños, que se conectan, delimitan a estrema leste sur e oeste do lugar, que queda así perfectamente en- cadrado. No Catastro de Ensenada aparece Quintán , Quintana (aínda que só nunha ocasión) e Quintián (forma que podería deberse a unha confusión co lugar de Quintián, en Beade). TOPONIMIA MONUMENTAL PREHISTÓRICA E ANTIGA Temos a continuación os topónimos que fan referencia a monumen- tos e asentamentos antigos ou mesmo prehistóricos. Castelo, O De castellu , diminutivo de castru , e polo tanto refírese, ao igual que aquel, a un núcleo fortificado situado nunha elevación do terreo ou á propia elevación en que se podería ter asentado (Marqués 2004: 554). Na Parrocha este topónimo corresponde á ladeira oeste do monte Areeiro e abrangue aproximadamente a superficie encadrada entre o muro do hospital do Meixoeiro ao leste, a avenida de Madrid ao oeste e ao norte, e a Baixada ao Castelo ao sur. Atópanse dentro do Castelo, polo tanto, o colexio Las Acacias, o Monte da Pomba e A Cardadeira. Precisa- mente no Monte da Pomba hai un xacemento arqueolóxico catalogado polo concello de Vigo co nome de Monte da Pomba. Nel acháronse fragmentos de ánfora, tégula e teselas depositados no museo municipal Quiñones de León. A súa dispersión no terreo, o tipo de localización e a topografía levaron aos autores do informe de catalogación realizado polo concello no ano 1994 a supoñer que podería ser un xacemento de tipo vila romana, aínda que concluíron que serían necesarios máis estu- dos para determinalo con exactitude. Considerábase naquel momento o
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==