Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 234 Pardiñeiras, As Trátase do feminino de pardiñeiro e con el noméanse, en Xestoso, unhas coutadas que se atopaban por riba do camiño de Esparramán, á altura da rotonda da que parte a estrada do Rebullón. Levounas a estrada das Plantas. Pardiñeiro, O Procede do latín tardío par ( i ) etinariu , derivado de par ( i ) ete ‘parede’ e na toponimia adoita indicar a presenza de restos de muros de edifi- cacións antigas. De feito, un pardiñeiro é un ‘edificio en ruínas e des- habitado’. Igual que os topónimos anteriores, dá conta da existencia de zonas antigamente habitadas que no momento en que se acuña o topónimo xa non o están. No Nomenclátor de Galicia aparece tamén a forma Pardieiro (variante viva como palabra común na fala de áreas ourensás) e o feminino Pardiñeira, anteriormente recollido. Na Fraga, Os Pardiñeiros identifica as coutadas situadas por riba das Casas Vellas da Fraga e dentro deste conxunto temos O Pardiñeiro Pequeño . O mesmo topónimo en masculino plural localiza o polígono de te- rras situadas entre a Presa da Cova e o río de Mourelle, algunhas se- mentadas de millo e outras a poulo. O camiño de acceso aos Pardiñei- ros vén dende Beade, polos muíños de Dornelas e Acevedo, situados xusto enfronte, na outra beira do río. Os Pardiñeiros (A Regada) actualmente, núcleo de arbores que ato- pamos ao final do regato do Torto, quedan por detrás da última casa da man esquerda do Camiño da Regada (Xestoso), antes de chegar ao lavadoiro. Esténdense cara ao norte, ata a parte de diante da seguinte casa en liña recta. Por debaixo dos Pardiñeiros temos Os Campos da Regada. O topónimo Os Pardiñeiros , sempre en plural e na metade dos casos con artigo, aparece xa no Catastro de Ensenada , incluso nun dos casos como lugar de habitación do veciño Antonio Pérez, probablemente re- ferido aos Pardiñeiros da Regada.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==