Toponimia do Val do Fragoso
233 O E s p a z o h a b i t a d o En Detrás das Casas o substantivo casa aparece antecedido pola locución preposicional detrás de , que indica ‘posición nun lugar pos- terior’. O adverbio detrás xurdiu da combinación das preposicións la- tinas de , que indica relación de tempo, lugar etc. e trans ‘máis aló de’. Recibía este nome un lugar polo que pasaba o camiño do Xalón. Recor- da a veciña que o citou, de case oitenta anos, que había alí unhas casas vellas que ela xa coñeceu sen xente. No caso de Riba da Casa é a locución preposicional riba de a que modifica o substantivo casa , e indica unha localización espacial de su- perioridade respecto a ela. Riba ou Arriba proceden do latín ripa ‘beira’. Atopamos O Campo de Riba da Casa , pechado con construcións, no final da entrada que parte da rúa de Eifonso, xusto fronte ao lavadoiro do mesmo nome, cara ao norte, paralela ao camiño dos Pelames. A orixe deste topónimo é máis que clara, xa que se refire ao campo que se atopaba por riba da antiga casa matriz da familia que así o nomeou. Casas Vellas é un topónimo que aparece recollido no Nomenclátor de Galicia para catro lugares, tres da provincia de Lugo e un da de Pontevedra, en Lalín. Aquí o elemento que actúa como modificador de casa é o adxectivo vella , do latín vulgar vecla ( latín clásico vetula ). Hai que ter en conta que o fonema intervocálico – cl - do latín non se mantivo nas linguas romances, derivando na velar xorda - j - no caste- lán e no - ll - en galego, como ocorre no caso de oclu (do latín clásico oculu ) > ollo . Indica este topónimo que nalgún momento existiron no lugar así chamado unhas casas vellas de relevancia suficiente para que quedaran co tempo fixadas na toponimia do lugar. As Casas Vellas son un lugar da Chan formado por unha media ducia de vivendas dispostas ao redor do camiño das Casas Vellas. Sabemos que este topónimo exis- tía xa no ano 1752, non só como nome de terras, senón tamén como lugar de habitación, o que nos indica que as casas a que fai referencia existiron hai máis de dous séculos e medio, posto que xa daquela eran vellas. Na actualidade hai dous camiños co nome de O Camiño das Casas Vellas na A Chan, porén, o antigo é o máis próximo ao camiño do Pereiro. Fronte a el, ao outro lado do camiño da Xabalouca, agora rúa da Chan, parte o camiño do Galleiro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==