Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 232 Turreiro é palabra viva en Bembrive, polo que escoitaremos, por exemplo, falar do Turreiro da Capela , referíndose ao Torreiro da Capela do San Cibrán . Vila, O Campo da Do latín VILLA, termo que nomeaba unha vivenda rural con ex- plotación agrícola. No galego medieval, vila podía designar calquera núcleo de poboación, especialmente os que tiñan certa traza urbana, pero hoxe en día ten o significado máis específico de ‘entidade de po- boación máis pequena cá cidade e meirande cá aldea, que adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou dunha comarca’. Os topónimos A Vila deron lugar ao sobrenome e posterior apelido Da Vila , Davila ou Vila , un dos apelidos característi- cos do Val de Fragoso. O Campo da Vila é o terreo de Mourelle onde se atopa a casa situada á man dereita na estrada de Bembrive (dirección Beade), fronte á subida ao Carballal (camiño do Cocho). Aparece xa o topónimo «o Campo da Vila» no Libro de afanegados de 1846 e moi probablemente facendo re- ferencia ao mesmo terreo, posto que se trata da propiedade dun veciño de Mourelle (Juan Leirós) que conta ademais coa propiedade «O Canó- nigo», topónimo do lugar co que estrema O Campo da Vila polo sur. CONSTRUCIÓNS Hai nomes correspondentes na actualidade a leiras, coutadas ou lu- gares que na súa orixe se referían á existencia dalgún tipo de constru- ción, ben fosen vivendas, peches etc. En Bembrive, atopamos os que presentamos a continuación. Casas, Detrás das O vocábulo casa , que fai referencia ás construcións empregadas habitualmente como vivenda humana, procede do latín casa ‘ cabana, chouza ’ . É moi habitual a súa presenza na toponimia, principalmente na toponimia menor, pero poucas veces aparece en solitario, pois o máis habitual é atopalo acompañado dalgún modificador, como ocorre no caso de Bembrive.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==