Toponimia do Val do Fragoso

231 O E s p a z o h a b i t a d o secretario da Sociedad de Agricultores de Bembrive no primeiro se- mestre de 1929. O salón, chamado Plus-Ultra 67 , tiña unha superficie de cento doce metros cadrados, e ademais de bailes e unha escola, que tivo entre outros un mestre a quen os rapaces, moitos vidos da ve- ciña Sárdoma, alcumaron Paifús , acolleu importantes actos culturais e políticos, como o mitin do primeiro de maio de 1936 organizado polo Centro de Estudios Sociales y Científicos «La Libertad» 68 de Bembrive. Tras o alzamento militar en xullo do 36 o local pasou a ser empregado polo exército; hai quen o lembra hai quen o lembra como cuartelillo . En todo caso, aínda lembran as veciñas a obriga de ter que ir alí entre- gar parte da súa colleita ou dos ovos das súas galiñas. Posteriormente O Baile recuperaría o seu uso como tal, ata que hai uns sesenta anos pechou as portas. Na actualidade (co edificio modificado) é empregado como vivenda. Torreiro, O Procede do latín terrario , derivado de terra . A alteración da vogal da sílaba inicial ( terreiro > torreiro ) é común en toda a Galicia suroc- cidental, e puido deberse á interferencia de torre . Ten o significado de ‘espazo de terra amplo e despexado’, equivalente a praza, aínda que na nosa contorna especializouse o seu significado: terreo, xeralmente chan e desprovisto de árbores e herba, onde se celebraban as festas e bailes da parroquia, situado normalmente xunto á igrexa (García Gon- zález, Constantino: 1985, en DdD , s.v.). A presenza na sílaba seguinte do ditongo - ei - fai que na fala se peche o - o - dando como resultado Turreiro , forma que escoitaremos con máis frecuencia. O Torreiro (O Mosteiro) como topónimo denomina o espazo situa- do diante da igrexa parroquial, onde antigamente se celebraban as fes- tas, especialmente as do patrón, que co tempo se trasladaron ao quedar pequeno o espazo. 67 EPG, 01/03/1931. 68 La libertad foi unha das moitas entidades que formaron parte do rico movemento social, político e cultural existente en Bembrive a principios do século xx , truncado polo golpe de estado do 36. No anexo iii deste libro recollemos algunhas delas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==