Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 230 como O Muíño ou O Folón ou da existencia de lugares de explotación como A Canteira . A eles quixemos sumar os topónimos derivados de actividades económicas pasivas como as rendibles. Dentro do espazo habitado, ou próximos a el, eríxense certos ele- mentos, expresión de crenzas relixiosas como cruceiros ou calvarios, que poden converterse tamén en topónimos, así como outros vocábu- los propios desta actividade humana. Son os coñecidos como haxioto- pónimos. Finalmente, e volvendo ao principio, as propias casas tamén teñen nome de seu. Xeralmente o apelido ou alcume da familia que as tivo como casa matriz. Estes nomes quixémolos recoller tamén neste libro, posto que hoxe en día son, xunto cos macrotopónimos, os topónimos máis coñecidos e empregados para situarse no espazo. Ademais, os alcumes ou alcuños, chamados en Bembrive xeralmente apoios (vul- garismo a partir do castelanismo apodo ), son en si mesmos unha xoia lingüística que é necesario conservar. Ademais destes nomes de pro- pietarias e propietarios máis modernos, procedentes de persoas ou fa- milias aínda coñecidas na actualidade, poderemos atopar tamén neste apartado os topónimos que proceden de nomes de posesores moito máis antigos. Algúns destes nomes son de orixe romana ou xermánica, que quedaron fixados nos nomes das terras que nalgún momento foron da súa propiedade e hoxe poden ser incluso barrios ou lugares, como Segade ou Recaré . NÚCLEOS DE POBOACIÓN E LUGARES DE REUNIÓN Temos neste apartado os topónimos procedentes dos nomes de nú- cleos de asentamento humano como vila ou dos espazos públicos de reunión existentes dentro deles, neste caso empregados para a festa e o baile, como son O Torreiro e O Baile . Baile, O Derivado regresivo do verbo bailar , do latín tardío ballare . Antigo salón de baile situado en Quintán, ao pé da marxe esquer- da da estrada de Bembrive que baixa do Mosteiro cara a Eifonso. Era propiedade de Belarmino Abalde, que foi tamén presidente fundador da sociedade Cultural «Helios» de Bembrive no ano 1928, ademais de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==