Toponimia do Val do Fragoso

229 O E s p a z o h a b i t a d o Malia que "a casa", nun medio rural, pode ser considerada como a unidade básica de organización da poboación, entendida por suposto en sentido amplo, abranguendo o eixido, algunha pequena horta anexa á casa e dependencias auxiliares como as cortes e alpendres, é dicir, o que entendemos en Fragoso por lugar) , o normal é que os asentamen- tos humanos da nosa contorna estean formados por varias casas que se agrupan formando unha aldea, ou ben o lugar 66 dunha aldea ou dun barrio cando se xuntan varios núcleos, que poden aparecer máis ou menos dispersos. Calquera destas construcións e formas de asentamento, por algún motivo normalmente de relevancia, pode pasar nalgún momento a converterse nun referente espacial e, polo tanto, quedar fixado o seu nome como topónimo. Así ocorre por exemplo con As Casas Vellas , Os Pardiñeiros ou O Campo da Vila , ou con elementos moito máis antigos como O Castelo ou O Crasto . Tamén as infraestruturas viarias, asociadas especialmente á apari- ción dos núcleos habitados, pero presentes tamén en forma de carrei- ros ou corredoiras nos espazos agrarios, poden dar lugar a topónimos como A Estrada ou Os Carreiros, e tamén os espazos comúns como O Torreiro ou O Baile . A actividade económica ligada aos asentamentos humanos é outro factor xerador de topónimos, entre os que podemos atopar os derivados de oficios como Os Carboeiros , da presenza de certas infraestruturas 66 Velaquí outra das acepcións que o termo lugar ten entre nós, a de pequeno núcleo de poboación en que se dividen os barrios. O Espazo Habitado 5

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==