Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 228 de fronte e rodeámolo polo sur ao facer a curva que describe a estrada. Pódese apreciar claramente que as casas quedan nun pequeniño alto respecto á estrada, pero hai que ter en conta que a diferenza de altura era moito máis pronunciada antigamente, cando tan só había un cami- ño polo que os carros pasaban con dificultade e que quedaba metido nun fondo; a un nivel moito máis baixo que a estrada actual. Polo tanto, a orixe oronímica do topónimo parece a máis plausible. Aparece no Catastro de Ensenada e tamén no Libro de afanegados , onde, nalgún dos casos figura como «viña de Eifonso o Toural». Touróns, Os Procede do latín taurone , derivado de tauru ‘ touro ’. O tourón ( Mus- tela putorius ) é un mamífero da familia dos mustélidos de corpo flexi- ble, pelaxe parda cunha zona clara cerca dos ollos, orellas circulares situadas moi atrás e patas curtas, que emite un olor desagradable pro- ducido polas glándulas anais. Con todo, tamén se lle chama tourón ao teixugo e así aparece recollido no apéndice ao dicionario de Eladio Rodríguez, que casualmente dá conta do uso deste nome na veciña parroquia de Sárdoma. Un tourón pode ser tamén a ‘terra endurecida pola xiada’ (Carré Alvarellos, L.: 1926–1931, en DdD , s.v.) e autores como Bascuas (2006: 216) apuntan a unha orixe oronímica con base en * taur – / * tur –, ou incluso outros, dos que Nicandro Ares (2013: vol. II, 1025) se fai eco, postulan que podería ser un derivado do nome persoal T auron , – onis , posibilidade discutida tamén polo propio Bascuas. Pero o feito de termos tan próximos os topónimos do Furón e Os Tobales e que estamos nunha zona de monte onde a presenza do teixugo era habitual, fan que a acepción zootoponímica resulte, neste caso, a máis probable. Coutada situada poucos metros por riba da Fonte da Capela do San Cibrán. Sóbese a ela polo camiño que atopamos á esquerda da fonte. A informante que nos deu conta dela descríbea como un lugar con moitas pedras e onde había moitas tobas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==