Toponimia do Val do Fragoso
21 A A u g a A s augas correntes A continuación recollemos todos os topónimos relacionados coa auga en movemento. Aguafría O termo agua (forma minoritaria en galego, fronte á máis común auga ) designa o líquido elemento constituínte esencial dos seres vivos e que no seu ciclo continuo condensa nas nubes para, logo de preci- pitarse, alimentar ríos, lagos, mares ou glaciais. Procede do latín aqua . Se temos en conta a súa importancia para a vida en xeral e a das sociedades humanas en particular, non resulta estraño que o elemen- to Auga estea moi presente na toponimia, especialmente acompañado por algún cualificativo que indique a súa natureza ou procedencia, de xeito que podemos atopar: As Augas (Mañón, A Coruña), Augapesada (Ames, A Coruña), Augas Roibas (A Capela, A Coruña), Auga Quente (Alfoz, Lugo), Augas Mestas (Quiroga, Lugo), Agua Levada (Quintela de Leirado, Ourense), Regodagua (Gondomar, Pontevedra), Agualta (Co- tobade, Pontevedra) etc. Esta pequena mostra quere poñer en eviden- cia, ademais un feito observable ao estudar o Nomenclátor de Galicia no seu conxunto, o claro predominio da forma Auga na toponimia da Coruña e Lugo fronte a Agua , forma case única nas provincias do sur. O topónimo Aguafría (Xestoso) só aparece nas escrituras do terreo (por riba da estrada das Plantas) e parece que só é coñecido pola fa- milia propietaria do lugar, posto que para a veciñanza en xeral o lugar coñécese como (–>) A Pexega. Antol, O Río da Os termos Tola , tol , antol etc., así como o castelán tollo , o catalán toll , o bretón toull , ou o irlandés toll son voces de orixe prerromana, posiblemente emparentadas co céltico * t ŭ llon ‘buraco’ (Corominas, 1980–1992, vol. V: 536). Antol ou antoleira son os termos que se empregan en Bembrive para designar o lugar en que se abre ou pecha o rego polo que se leva auga a un campo. Así, cando corresponde a quenda de rego ábrese a antol ou antoleira e faise circular a auga polo campo a través dos regos abertos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==