Toponimia do Val do Fragoso

227 A Terra da rotonda de Eifonso, Os Teixugos son as leiras que temos un pouco máis adiante á man dereita, ata chegar a un sendeiro a partir do cal comezan As Verdellas. Teixugueiras, As N ome que se lles dá ás zonas onde abundan os teixugos ou aos lugares onde teñen os seus tobos (L. Carré Alvarellos: 1926–1931, en DdD , s.v.). No San Cibrán abranguen o polígono de leiras situado por debaixo dos Campos da Eira, entre a Loureira (ao norte) e Sospalleiros (ao sur). Polo oeste unha forte pendente dá paso ao Martaraño e, por debaixo temos O Río da Bouzafría. O Camiño das Teixugueiras (na das Beninas, ramal á man dereita do camiño de Sospalleiros,) baixa por elas no seu estremo norte. Tobales da Capilla, Os Un tobo , toba tobeira ou tobal (termo usado en Bembrive) é o buraco que empregan certos animais como coellos, teixugos ou a raposa para re- fuxiarse ou vivir nel. Segundo Corominas (1980–1992, vol. V: 514) é un derivado de toba , que procedería do latín vulgar * tofa , lat. tofus ‘toba, pedra caliza e porosa’. Capilla é un castelanismo por capela . Coutada situada pola parte de arriba da Fonte da Capela do San Ci- brán. Descoñecemos con que animal estaba relacionada exactamente a presenza destes tobos, pero a presenza próxima dos Touróns, ou máis abaixo As Teixugueiras e O Fourón dannos unha idea. Toural, O Toural sería probablemente, segundo recolle Nicandro Ares (2012: vol . I, 540), un derivado de touro , procedente do latín tauru , e tería o sig- nificado de ‘pasteiro ou estábulo de touros ou campo onde se realiza venda do gando’. Bascuas (2006, p. 220), logo de apostar inicialmente tamén por esta hipótese, deixa aberta a posibilidade de que nalgúns ca- sos poidamos estar ante unha formación híbrida con bases prerromanas no orónimo * taur – / * tur –. É o grupiño de tres casas situadas nun alto, a carón do forno de Xeme. Se tomamos dende Eifonso a rúa de Xeme, atopamos o Toural

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==