Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 226 nome (entre outros) do anélido (clase Hirudinea ), de cor escura, co cor- po cilíndrico algo aplanado e provisto dunha ventosa en cada extremo, que vive na auga doce e se adhire á pel dos animais ou persoas para zugarlles o sangue. As samesugas foron empregadas para realizar "sangrías" dende vello. O feito de seren imprescindibles para estes usos levounas a se atopar en perigo de extinción. Á Sanxegueira (Baruxáns) éntrase dende a rúa do Cacheno á Casti- ñeira e son, cando menos, a leira que queda á man esquerda do cami- ño, aos pés de Agrovigo, a que está á man dereita fronte a ela, e a que, a continuación, cara ao noroeste, alberga na actualidade unha vivenda. Era o campo de fóra do lugar das señoritas de Benavides, onde había un pozo. A auga para regar viña da Amieira. Pouca xente sabe hoxe en día da existencia deste topónimo, polo que os terreos que nomea son recoñecidos maioritariamente como parte da Castiñeira. A Fonte da Sanxegueira (Eifonso) está ao final do camiño que parte á man dereita da rúa Xeme uns centro trinta metros máis adiante do cami- ño da Carballeira, antes de chegar ao cruzamento coa rúa de Eifonso. A partir da fonte, o camiño bifúrcase. Un ramal cruza o río, que se atopa a escasos metros da fonte, cara á Barxina de Beade e o outro segue paralelo ao río pola marxe de Bembrive, pasando primeiro polo muíño de Eifonso e logo polo do Carriza para saír ao Lavadouro e á Ponte de Eifonso. No Libro de afanegados aparece sempre como «Sanxigueira» e no Catastro de Ensenada non hai Sanxegueira nin Sanxigueira , pero hai unha «Sejugueira». A Sanxegueira (Eifonso) son as terras de labor que se atopan ao redor da fonte do mesmo nome. Non aparece o topónimo no Catastro de Ensenada , pero si en numerosas ocasións no Libro de afanegados de 1846, aínda que sempre coa forma «Sanxigueira». Teixugos, Os Do latín taxucus , adoptado do xermánico * thahsus . O teixugo ( Me- les meles ) é un mamífero de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado na cabeza, con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas. En boa parte de Galicia é coñecido como porco teixo . Entrando polo chamado Camiño dos Pumariños (Baruxáns) que par- te á man dereita da estrada de Bembrive uns oitenta metros máis arriba
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==