Toponimia do Val do Fragoso

225 A Terra onde toma primeiro o nome de rego do Cacheno e baixa a marcar o estremo norte da Raposa, pasa pola Presa do Muíño Vello ou da Rapo- sa e desemboca no río de Eifonso ou río da Cova. A Presa da Raposa atópase no antedito rego, uns douscentos metros máis abaixo da Fonte do Cacheno. Está ao final do sendeiro que sae da rúa do Cacheno, un pouco antes da Ponte de Moledo e que dá acceso ao Muíño Vello. Por regar dela estas veigas é tamén coñecida como A Presa do Muíño Vello. Para algún veciño ten tamén o nome de A Presa da Raposa a situada na parte traseira dun almacén de madeiras próximo. No Catastro de Ensenada aparece xa «A Raposa» e «O Campo da Raposa», propiedades sempre de habitantes da Xesteira ou Baruxáns. Aparece tamén en dúas ocasións «A Coba da Raposa», propiedade de Sebastian Abalde e de Santiago Alonso, ambos veciños da Xesteira, aínda que na actualidade non recollemos xa este topónimo. Roleira, A Derivado de rola ‘ave da familia dos colúmbidos da que existen varias especies, de cor gris na cabeza e na parte superior do corpo, onde pode ter pencas ocres, e cunha ou máis raias brancas e negras no pescozo’. O nome parece ser onomatopeico, pola súa voz ( ruur – r – r ) que orixinou tamén o seu nome en latín ( turtur ). En galego existen as denominacións rula e rola , esta última a propia desta zona. A Roleira podería ser tamén A do Roleiro, alcume masculino. Descoñecemos a motivación. Antiga leira do Carballal onde se construíu na actualidade unha vi- venda. Sitúase a continuación da Pereiriña, polo que é a segunda casa da man dereita no inicio do camiño de Cerdeiró. Este topónimo existía xa no 1846, posto que no Libro de afanegados atopamos unha propie- dade co nome de «Pereiriñas o Roleira», que con toda probabilidade se refería á que estamos a tratar. Sanxegueira, A Derivado do latín sanguisuga , nome composto por sanguine ‘sangue’ e suga ‘chupa’. O topónimo Sanxegueira parece unha alteración de samesuguei- ra ou sambesugueira , derivado en – eira de samesuga ou sambesuga ,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==