Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 224 Aparece no Catastro de Ensenada «O Pombal», aínda que posible- mente situado no Carballal, e no Libro de afanegados do 1846 atopa- mos «O Pombal en Miraflores». Raposa, A En latín este mamífero carnívoro da familia dos cánidos era coñecido como vulpes ( de aí o seu nome cinetífico, Vulpes vulpes ) , termo do que derivou golpella no galego antigo e golpe , que é a denominación que se mantén na área mindoniense. Na nosa zona empregamos o nome de raposa , procedente segundo Corominas (1980–1992: 783) dun antigo rabosa , derivado de rabo (lat. rapu ), eufemismo empregado para refe- rirse ao animal («a de moito rabo») sen pronunciar o seu nome, que se consideraba un agoiro. A aparición do – p – actual de raposa parece deberse a unha interferencia con rapina (do latín rapio ‘depredar’). Aín- da que atopamos tamén a acepción para raposa de ‘montón de terra queimada empregada para abonar’ (Filgueira Valverde, X. et al.:, 1926, en DdD , s.v.), sabemos que, principalmente a forma masculina Raposo é un alcume habitual e tamén apelido, polo que A Raposa podería ser ‘A do Raposo’. Lugar do barrio de Baruxáns conformado polo núcleo de casas si- tuadas ao redor do camiño da Raposa ata o camiño do Muxo e as terras situadas por detrás delas, cara ao noroeste, encadradas entre o río de Eifonso e o rego da Raposa coñecidas como Os Campos da Raposa . Dentro da Raposa temos: A Raposa de Arriba, que como o seu nome indica, corresponde á parte alta da Raposa, entre A do Gralleiro (última casa do camiño do Muxo) e a do Xesteiriña (última casa do camiño da Raposa). E A Raposa de Abaixo (A Raposa), terras que se estenden por debaixo da Raposa de Arriba, salvando o valado, ata chegar ao río. Ademais, dentro dos Campos da Raposa cada leira ten o seu nome, de xeito que atopamos A Raposa Grande , A Raposa Pequena , A Raposa do Merrecho etc. O Camiño da Raposa parte á man dereita da rúa da Xesteira sesenta e cinco metros máis abaixo do seu cruzamento coa de Xeme. Antigamente coñecíase como o camiño da Raposa o sendeiro que vén do Muíño Vello atravesando A Raposa. A costa que hai que su- bir dende o Muíño de Riobó para seguir polo antigo camiño da Raposa recibe o nome de A Costa da Raposa . O Rego da Raposa na actualidade xorde na parte traseira da edificación situada na Fonte do Cacheno,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==