Toponimia do Val do Fragoso
221 A Terra go de voces y frases de la lengua gallega de Martín Sarmiento (ib.) deixa mesmo aberta a posibilidade de que martaraña se refira non só á marta , a garduña ou á xineta , senón que se podería tratar do tourón . A realidade é que marta ( Martes martes ) e garduña ( Martes foina ) son moi similares e diferéncianse só en que a marta ten a mancha do peito enteira e de cor crema fronte ao branco da garduña, e pelo nas plantas dos pés, do que carece a segunda. Sería, polo tanto, moi probable que ambas especies se confundisen e que o nome se puidese aplicar a cal- quera delas. En Bembrive identifícase 65 a xeneta como gato do monte (é un pou- co máis grande cá marta, cá garduña e có tourón, e seméllase máis a un gato) , a garduña como martaraño e o tourón con ese mesmo nome, que hai quen emprega tamén para referirse ao teixugo. Entendendo pois que martaraño é o nome dado nesta zona á gar- duña (e quizais á marta), podemos dicir que se trata dun carnívoro de hábitos nocturnos de aspecto similar á donesiña ou donicela pero moito máis corpulenta de pelo castaño e cunha mancha branca fendida ao medio no peito, patas curtas e rabo longo. O nome de martaraño , ou martaraña , procede, polo tanto, do nome latino do xénero ao que pertence o animal, martes . No San Cibrán, O Martaraño son as coutadas e poulos, agora maio- ritariamente deixados a monte , situados por debaixo das Teixugueiras, contra o río da Bouzafría. Aquí atópase unha gran parede de rocha coñecida como (–>) A Pedra do Martaraño, onde se di que «se metía o tourón e a raposa». Era ademais o lugar onde se dividían as augas do río para regar as Viñas Vellas. Hai que destacar que, por unha banda, como xa dixemos, estamos a carón das Teixugeuiras, pero é que, ade- mais, case fronte ao Martaraño, do outro lado do río, temos unha cou- tada chamada O Fourón, e cara á capela temos Os Tobales da Capela, polo que nos atopamos nunha zona que no seu momento foi especial- 65 Para chegar a esta conclusión amosóuselles a fotografía das diferentes especies a un grupo de máis de dez veciñas e veciños da parroquia que coinciden, os que as coñecían, na súa denominación. A existencia de multiplicidade de nomes comúns para referirse a unha mesma especie, ou o emprego dun mesmo nome para designar especies diferentes é un fenómeno que se dá non só no mundo da zooloxía senón tamén da botánica.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==