Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 220 gar ás Cunchadas. Estreman por poñente con esta rúa, ao sur co camiño do Pereiro, por nacente coa Loria e ao norte coa Seca e O Cortiñelo. Neste estremo hai unha casa, por agora a única construída na Falcoei- ra. Na fala realízase como A Falcueira , xa que das dúas vogais en con- tacto a primeira tende a pecharse para favorecer o ditongo, mais na escrita empregamos a forma máis conservadora ( A Falcoeira ) que per- mite a dobre lectura, ao igual que optamos pola forma singular fronte ao plural As Falcueiras que tamén se recolle na fala. No Catastro de Ensenada aparecen as dúas formas: «A Falcueira» e «Falcoeira», aínda que a primeira é tamén maioritaria. Furón, O O furón ( Mustela putorius furo ) é unha subespecie do tourón ( Mus- tela putorius ) domesticada hai máis de dous mil anos para empregala na caza de coellos. O nome procede do latín tardío furone , derivado á súa vez de fur ‘ladrón’. A forma alterada do nome do animal (cun – o – antes do – u –), que quedou gravada no topónimo, podería deberse á interferencia con tourón . Coutada con piñeiros situada na marxe esquerda do río de Eifonso, aproximadamente fronte á Loureira e As Teixugueiras. Galiña, A Coutada da Do latín gallina . É a ave de curral coñecida tamén como churra . Po- deriamos estar ante o alcume dun antigo posuidor ou posuidora. Coutada no Carballal que levou o camiño das Cunchadas, por riba da Perrera de Abaixo . Este topónimo conta con máis de século e medio de vida, posto que no Libro de afanegados figura xa en diferentes ocasións a «Coutada da Galiña», propiedade de veciños de Cerdeiró. Martaraño, O No Dicionario da Real Academia da Lingua non atopamos martara- ño , pero si martaraña , como nome común do mustélido Martes foina , chamada tamén garduña , fuíña ou rabisaco . Dicionarios antigos din- nos: «Marta, fuina, garduña ó gineta, animal bravo; le llaman martaraña á cualquiera de estos porque son muy parecidos» ( DdD s.v.) e o Catálo-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==