Toponimia do Val do Fragoso

219 A Terra aparece o topónimo «O Crujeiro» como nome dun terreo propiedade de Cathalina de Parada, veciña da «Remiciña». Pero, posto que todas as restantes propiedades desta veciña se distribuían entre A Chan e O Carballal, é moi probable que «O Crujeiro» se situase tamén nesa zona e non se corresponda co topónimo que estamos a tratar. O Muíño do Coruxeiro (O Mosteiro), agora semiderruído, situado a menos de douscentos metros augas abaixo da fonte do Mosteiro, no río do mesmo nome, aos pés do Campo do Muíño. Era un muíño de ma- quía, propiedade de Cándido Seijo Vila e posteriormente de seu fillo, José Seijo Alonso, coñecido como Pepe O Coruxeiro (na fala, Cruxeiro ). Neste caso Cruxeiro é claramente un alcume. No Libro de afanegados (1846) aparece xa o sobrenome «Corujei- ro» na parroquia, daquela aplicado aos veciños Domingo Alonso, de Baruxáns, e Francisco Alonso, de Mourelle. Posto que probablemente os dous homes eran irmáns, o alcume debía proceder dos seus antepa- sados. Culebras, O Campo das Do latín colubra . É un castelanismo por cobra ou cóbrega . É un campo, xa non cultivado, pero si aproveitado para o recreo, situado na costa da marxe dereita do río do Xalón, nas Costas, por debaixo do Laranxeiro. Baixando polo sendeiro que temos á man esquerda no final do camiño da Ribeira, atoparémolo ao final, de fronte, logo de cruzar do río. Parece tratarse dun topónimo moderno onde o termo culebra (forma usada preferentemente na contorna e pronunciada colebra en moitos casos na fala) pon de relevo a abundante presenza no seu mo- mento de ofidios nesta zona. Falcoeira, A Parece que nos atopamos ante un derivado de falcón , do latín fal - cone , correspondente ao latín falconaria . Podería ter sido o lugar así nomeado unha área con especial abundancia destas aves de rapina, ou zona de cría. A presenza de derivados como Falcoído relativamente próximos (Beade) reforzaría esta hipótese. Son o conxunto de sete leiras no Carballal, a maioría hoxe en día non traballadas, situadas por riba da rúa da Senra pouco antes de che-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==