Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 218 Coello, O Do latín cuniculu , posiblemente un celtismo incorporado ao latín. O topónimo podería deberse á abundancia dos mamíferos lepóridos aos que fai referencia no terreo que nomea, pero ao tratarse dun zoó- nimo en singular o máis probable, tamén neste caso, é que se deba ao alcume ou apelido dun antigo propietario. Coello , e as súas correspon- dencias noutras linguas, foron bastante usados como alcume na idade media, de aí a súa supervivencia como apelidos. Con frecuencia a mo- tivación era o aspecto dos dentes da persoa a quen se lle aplicaba, que evocaban os incisivos deses animais. Entrando polo camiño do Xalón dende Os Freires, entre as últimas casas construídas e o camiño que, polo sur, o separa das Viñas, temos o campo coñecido como O Coello . En Segade é o terreo que se atopa ao final do coñecido como camiño do Sablero, debaixo da casa da Pisca, onda O Magaza. Isto é, ao final da entrada que hai por riba do núcleo de casas que temos á man dereita, subindo pola rúa de Segade, uns co- renta e cinco metros antes da entrada ao camiño dos Tisoureiros. Aquí había un Pochanco pequeno para uso exclusivo dese campo chamado A Presa do Coello. Coruxeira, A Derivado de curuxa , termo de orixe controvertida, posiblemente pre- rromana, que dá nome á ave rapaz coñecida no eido científico como Tyto alba . Unha curuxeira é un lugar que está habitado por curuxas ou ben que podería potencialmente estalo e por iso se aplica a lugares ele- vados e rochosos, aínda que non haxa neles curuxas. Tampouco pode- mos descartar a posibilidade de que un topónimo A Coruxeira proceda do alcume dun antigo propietario, orixinario de Coruxo. De feito, o sufixo – eiro (ou – eira ) é moi común na formación de xentilicios popu- lares. Aínda que na fala escoitamos A Curuxeira ou, principalmente, A Cruxeira , con síncope da vogal, optamos na escrita pola forma Coruxei- ra , que permite todas as realizacións na fala e deixa aberta a porta ás diferentes orixes do topónimo. Terreo situado na marxe esquerda da rúa do Cacheno partindo do cruceiro cara á avenida de Madrid, que queda xusto por debaixo do que era o lugar das señoritas de Benavides. No Catastro de Ensenada
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==