Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 20 cando chegado o verán, acudían en grupo a bañarse facendo gallifa 10 . Os regos tiñan o seu papel tamén no procesado do liño. Asociados a eles atopábanse as pozas, chamadas aquí lagos, onde o liño, logo de recollido e ripado, era introducido durante uns días para maceralo. Todos estes usos foron deixando a súa pegada na toponimia, de xeito que os terreos onde se atopaban estes lagos pasaron a ser coñeci- dos como O Lago ; como A Ponte ou A Presa, as leiras situadas a carón destas construcións relacionadas coa auga; ou O Lavadouro, o lugar á beira dun curso de auga onde había unhas pedras de lavar. HIDROTOPÓNIMOS: A PEGADA DA AUGA NOS NO- MES DA TERRA Recompilamos, neste apartado, os hidrotopónimos; todos eses no- mes de lugar en que a súa raíz (latina, prelatina, ou outra) expresa unha clara relación coa auga. Coa auga corrente, como Rial , derivado en último termo de rivus ‘río’; cos nacementos de auga, como A Fonte; coas augas paradas, como O Lago, derivado de lacu ‘estanque’; ou os que fan referencia á presenza de gran cantidade de auga na terra, como O Lameiro. Pero incluímos tamén os topónimos que etimoloxicamente nos refiren construcións ou estruturas que, na práctica, teñen unha ín- tima relación co mundo da auga como o referido A Ponte ou O Peirao, aínda que etimoloxicamente non estean propiamente ligados a ela. En canto aos hidrónimos, isto é, aos nomes dos regos, ríos e demais masas de auga da parroquia, atoparémolos neste apartado só se o seu nome corresponde a un hidrotopónimo; isto é, se ten etimoloxicamente que ver coa auga, como O Rego da Auga . De non ser así, deberemos buscalos no seu apartado correspondente. Así, por exemplo, como ex- plicabamos anteriormente, o hidrónimo Eifonso, pertencente ao princi- pal río da parroquia, aparecerá baixo o epígrafe de «Posuidores anti- gos» do apartado «A presenza humana», A Regueira do Martínez no de «Posuidores modernos» e O Río da Cova na entrada A Cova, orotopó- nimo pertencente ao capítulo «A Terra». 10 O vocábulo que, pronunciado por suposto con gheada (/ghallifa/), recollemos dunha informante, inclúese no dicionario de Eladio Rodríguez co significado de ‘balbordo, ruído de nenos xogando’. Posiblemente relacionado con gallofa , gallofeiro , gallofería (tamén en castelán).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==