Toponimia do Val do Fragoso

217 A Terra non moe na actualidade. A levada, que vén dende O Muíño da Cova e pasa polo lavadouro de Moledo, xa non leva auga hoxe en día ata o muíño. O topónimo é relativamente recente, xa que figura no Libro de afanegados (1846) como propiedade de María, José Antonio e Pa- blo Fernández e de José María Benavides, todos veciños de Baruxáns, pero aínda non existía cen anos antes, cando se elaborou o Catastro de Ensenada . A súa aparición puido estar motivada polo sobrenome dun antigo propietario, ou máis raramente relacionada co équido ao que se refire. Con todo, o feito de que se coñeza tamén como burro o ‘apare- llo xiratorio composto de dous madeiros que forman un ángulo recto e que se utiliza, por exemplo, para erguer a moa do muíño’, ofrece outra posibilidade a ter en conta. O Lugar da Cerdeira do Burro responde a un lugar moi reducido, dentro do terreo da última casa á man esquerda do camiño da Raposa. É un topónimo que conta cunhas décadas de vida, orixinado por ser o punto onde se enterrou un burro, ao pé dunha cerdeira que alí había. É un exemplo de como en moitos casos sucesos anecdóticos dan orixe a un topónimo que, co paso do tempo, se converterán en opacos ao perderse a historia que explica o seu nacemento. Caranguexo, O Variante de cangrexo (por metátese de – r – e anaptixe vocálica ob- tense caranguexo , que co enxordecemento de – g – en – k – propio da gheada, como en domingo / dominko , se realiza como carankexo . Can- grexo é un derivado de cancro , do latín cancrum , acusativo de cancer . Leira de pequeno tamaño sementada de millo, situada por debaixo das Pereiras do Carballal con entrada, baixando á man esquerda, dende o chamado camiño do Cocho. Pegado a el está O Caranguexo Peque- no , e rodeado de viña. Topónimo posiblemente moderno, xa que non aparece no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . O cor- dón de viña que a rodea fai que a súa forma lembre realmente a dun cangrexo, pero descoñecemos se esta é a motivación que deu lugar ao topónimo, se foi quizais o alcume dun antigo posuidor, ou calquera outra.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==