Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 216 No Catastro de Ensenada non aparece o topónimo, pero si no Libro de afanegados . Porén, os dous casos que aparecen son «tojal de la Junqueira o Pereiro» e «tojal de Junqueira o Bruco» que non se corres- ponderían con ningún dos lugares en que actualmente se conserva o topónimo. Iso si, tanto no Bruco como nalgún dos terreos que coñece- mos como Pereiro sería posible que houbese algún topónimo Xunquei- ra posto que hai minas ou nacementos de regos. ZOOTOPÓNIMOS Tamén os animais deixan a súa pegada no territorio non só a nivel físico, senón tamén lingüístico. Os zootopónimos son os topónimos que teñen relación co mundo animal. Bruco Bruco recóllese en dicionarios antigos como o de Carré ( DdD s.v.) como nome dun pequeno verme que destrúe o cereal, ou como sinó- nimo de brugo , nome dado a unha especie de pulgón. É raro que estes significados dean lugar a un topónimo, pero si é máis probable que orixinaran un alcume que quedou posteriormente fixado na toponimia como outros topónimos formados a partir do nome ou sobrenome do propietario. Parece unha palabra prerromana. Coutada en Reiriz, á que se chega tomando a entrada que, á man dereita, temos dende a rúa da Viña Grande antes de chegar á Mina. Ao final do camiño, onde agora hai unha casa, é O Bruco . Malia que non hai referencias del no Catastro de Ensenada , si aparece no Libro de afanegados coa dobre denominación «Reyris o Bruco», que nos indica que estamos ante o mesmo lugar, naquel entón ocupado por carballos. Burro, O Muíño do Derivado regresivo de burrico , do latín tardío burricus ‘cabalo pe- queno’. Está situado na Ponte de Moledo, á man dereita do comezo da costa da Peteta, na estrema coa veciña parroquia de Sárdoma. É un muíño de canle aparentemente en bo estado de conservación, pero que xa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==