Toponimia do Val do Fragoso
215 A Terra Xestoso Tamén derivado de xesta co sufixo – oso , que corresponde ao latín genestoso . É igualmente un abundancial de xesta . Barrio situado no es- tremo leste da parroquia de Bembrive e que testa ao norte coa parro- quia de Cabral, nunha moi pequena franxa, e mais co concello de Mos. Abrangue os lugares da Regada, O Paso, Esparramán, As Xeradas, O Monte Vello ou O Pouso. Distínguese entre Xestoso de Arriba , chama- do maioritariamente O Lugar de Arriba , que corresponde ao estremo norte do barrio e abrangue o núcleo de casas que se atopan na con- fluencia entre os actuais camiño de Esparramán e o camiño do Lugar de Arriba, e de aí cara ao norte a franxa que queda entre este camiño e a rúa de Xestoso é Xestoso de Abaixo ou O Lugar de Abaixo ao sur, na zona entre A Regada e As Aradas. Xuqueira, A Xunqueira é un derivado de xunco (do lat. iuncu ) mediante o sufixo – eira , que aquí ten valor abundancial, e corresponde ao latín iuncaria . Xunco ou xunca é o nome galego co que se coñecen diferentes especies de plantas do xénero Juncus , todas elas ligadas á auga, xa que teñen como hábitat as zonas de beiramar, beiras de regueiras ou lagos e zo- nas húmidas en xeral. Polo tanto, o topónimo Xunqueira ao tempo que nos informa da flora, infórmanos das características do terreo en que nos atopamos; un lugar onde a auga é abundante, un terreo lagoento . A Xuqueira en Xestoso abrangue a marxe esquerda do rego de Pon- tecela no tramo que queda entre o merendeiro do Pouso de arriba e o de abaixo, ou zona de xogos infantís. Recorda un informante a pre- senza de pozas e unha lagoa que na actualidade xa non se atopan. O que si atopamos neste lugar son algunhas das minas e depósitos da co- munidade de augas da Chan, o que evidencia a riqueza en auga desta zona, non só superficial (referímonos á presenza do rego) senón tamén freática. Na Xuqueira do San Cibrán atopamos o nacemento dun dos regos que formarán, augas abaixo, o río de Eifonso, situado por debaixo dos campos de fútbol e rugby do CUVI. A zona coñecida como A Xunquei- ra abrangue parte destes campos e esténdese cara ao norte, nas marxes do devandito rego, por debaixo da coñecida como estrada das Plantas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==