Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 214 Xestas, As O nome común xesta aplícase a diferentes especies de plantas legu- minosas dos xéneros Cytisus ou Genista , de porte arbustivo, formado por numerosas pólas delgadas e flexibles en que se asentan unhas follas pequenas e escasas, e flores amarelas ou brancas. A xesta foi emprega- da tradicionalmente para a confección de vasoiras, chegando a recibir dúas das especies deste grupo ( Cytisus scoparius e Cytisus striatus) o nome, entre outros, de ‘xesta de vasoiras’, segundo se recolle na No- menclatura vernácula da flora vascular galega . O nome galego xesta procede do latín vulgar genesta , variante do latín clásico genista . En Xestoso son unhas antigas coutadas situadas por riba da estra- da das Plantas, aproximadamente a medio camiño entre a rotonda de onde parte a Subida ao Rebullón e a Baixada ao Pouso. Xesteira, A Derivado de xesta co sufixo – eira , que corresponde ao latín genesta - ria . Empregado para designar o lugar onde abundan as xestas. No barrio de Baruxáns corresponde ao núcleo de casas situadas ao redor da rúa da Xesteria que se estende por nacente ata abranguer as situadas no primeiro tramo da rúa de Xeme, no Chan da Eira. En Segade son os terreos antigamente de labor que agora albergan as vivendas unifamiliares situadas fronte á parte traseira da escola Rosalía de Castro, no camiño do Loureiro. Por nacente unha pequena carba- lleira sepáraas da rúa de Recaré. As dúas Xesteiras aparecen no Libro de afanegados de 1846, xa que atopamos propiedades co nome de «Xeme o Jesteira» que nos sitúan no primeiro caso, pero tamén temos, por exemplo, «tojal de Xesteira o Seidones» que, por proximidade, enten- demos que fai referencia á Xesteira de Segade. Da Xesteira de Baruxáns temos referencias anteriores, como o Catastro de Ensenada que censou tres veciños e unha veciña no ano 1752. Podemos comprobar neste caso a presenza do artigo que a día de hoxe é omitido en moitas oca- sións, quizais pola influencia do nome oficial da estrada, rúa Xesteira, que debería corrixirse en rúa da Xesteira.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==