Toponimia do Val do Fragoso
213 A Terra Ademais o vocábulo viña aparece en topónimos formados por sin- tagmas nominais como: Os Poulos das Viñas, antigos poulos, onde hoxe en día hai un enterramento, situados na marxe esquerda do río do Xalón, uns metros por debaixo da presa do mesmo nome. Do outro lado do rego temos As Viñas. As Viñas Vellas, terreos situados por de- baixo do Ramallal, contra o río de Eifonso, aquí río da Bouzafría. Estas regábanse directamente coa auga do río, provocando nalgunha ocasión a incomodidade de quen tiña horas no muíño, que cando chegaba se atopaba sen auga. A xente do San Cibrán baixaba polo Ramallal e atra- vesaba as Viñas Vellas para ir aos muíños da Bouzafría e O Buraco. Para cruzar o río, dispuñan dun penedo grande que hai anos levou unha enchente e que recibía o nome de O Peirao . Para salvar a forte pendente existente nas Viñas Vellas había unhas pedras chantadas nun valado a modo de chanzos de escaleira que aínda se conservan hoxe en día. Por riba delas había tamén outros pasos para subir ao Ramallal. A importancia que o cultivo da vide tivo na parroquia de Bembri- ve, a semellanza do que ocorría en toda Galicia, plásmase no número de propiedades que aparecen rexistradas no Catastro de Ensenada con este nome. Máis de corenta entre a forma simple «A Viña», o plural «As Viñas», derivados e compostos como «Suaviña», «A Viñiña», «Chan da Viña», «A Viña Vella», «la Viña de la Iglesia», «Viñanova», «Viñaireja» ou «Cocho da Viña», e incluso outras formas desaparecidas como «As Videiras». Pero este número increméntase notablemente no Libro de afanegados onde aparece xa «Viña Grande» en varias ocasións, «Viña da Raíña», «Viña de Quintán», «Viña das Pontes» «Viña da Pedra» «Viña de Lagares», «A Viñiña en los Chans» etc. Viniña, A Trátase do diminutivo de viña que ha de ser alteración dun viñiña an- terior (ao igual que di caminiño en vez de camiñiño ), se cadra por disimi- lación das palatais, posiblemente con algo de interferencia do castelán. Pequeno anaco de terra situado aproximadamente por debaixo da casa que, uns cento vinte metros máis arriba da Fonte dos Freires, te- mos á dereita da estrada.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==