Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 212 Viña, O Campo da Unha viña é un terreo plantado con vide ( Vitis vinifera ), aínda que tamén se emprega o termo para nomear a propia planta. A presenza deste nome na toponimia indícanos que cando se fixou o topónimo as terras que o levan estaban ocupadas por viñas, uso que en moitos casos aínda se conserva na actualidade. Procede do latín vinea . A maioría dos topónimos en que aparece este vocábulo son com- postos. Recollemos O Campo da Viña (Baruxáns), situado por debaixo, cara ao oeste, das instalacións de Fenosa na avenida de Madrid. En Mourelle o final do tramo asfaltado do camiño da Cova, segui- mos cara adiante polo sendeiro. Deixaremos á man esquerda unha vi- venda e fronte a ela, na dereita, O Cocho. Pois ben, pasado O Cocho, por debaixo do camiño que o separa del, temos O Cu da Viña , conxun- to de catro ou cinco leiras por debaixo das que temos o Río de Eifonso, que as separa de Beade. Na actualidade coñécese como A Viña Grande a estrada que leva este nome e toda a zona que atravesa. Porén, ata a apertura da estrada, o topónimo correspondía ás coutadas da parte alta, situadas aproximadamente fronte a Miraflores e que na actualida- de continúan sendo monte. Podemos aventurarnos a situar a data de aparición deste topónimo entre finais do século xviii e primeiros anos do xix , xa que non hai rastro del no Catastro de Ensenada (1752), pero si atopamos varias propiedades con este nome no Libro de afanegados (1846), algunhas delas categorizadas como toxeira ou piñeiral. A forma de plural tamén é moi rendible toponimicamente, tanto soa como formando parte de sintagmas nominais. Deste xeito, temos As Viñas, terras situadas pola parte de abaixo da cafetería A Pedra, contra a avenida de Madrid. As Viñas entrando polo camiño de Xalón dende o camiño dos Frei- res son as terras, maioritariamente con viña, que dende uns metros máis adiante teremos á man dereita, ata chegar ao Laranxeiro. Ao oeste tes- tan coas Costas ou Costeiras de Arriba. A casa da entrada do camiño, e o terreo tamén con viña situado a continuación e separado por un camiño, poderían en realidade formar tamén parte delas. Ao outro lado do río de Xalón, cara a Paio, temos As Latas, polo que podemos pensar que nalgún momento puideron ter formado parte da mesma unidade territorial, se ben no Catastro de Ensenada xa aparecen os dous topó- nimos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==