Toponimia do Val do Fragoso

211 A Terra os campos. Xa dende a mediados do século dezaoito a súa presenza era residual na parroquia, ao igual que ocorría co miúdo ou millo miúdo , en comparación con outros cereais como o trigo, o centeo ou o millo, se atendemos á resposta que se lle dá no Catastro de Ensenada á pre- gunta número once do interrogatorio xeral, que inquiría sobre os tipos de cultivo existentes na parroquia: A la honze dijeron que las especies de fruto que se cogen en el termino se redu- cen a trigo Centeno maiz Castañas vino y lo que produzcen las hortalizas que aunque a voluntad de los Labradores se siembran las tierras de otras y producen las de lino frijoles menudo y Zevada por ser de corta consideracion y no aumen- tar el valor de aquellas las dejan refundido en ellas y responden. En canto á etimoloxía do termo, Moralejo Lasso no seu estudo so- bre a toponimia do orxo (1977: 153) ofrece numerosos exemplos da presenza dos seus derivados na toponimia de Galicia, como son Orxal (Arzúa e Mondoñedo), Orxás (Curtis e Vigo), Orxáis (Quiroga), Orxeiro (Ortigueira), Orxeiras (Laracha), Urxeira (Mondariz) ou Orxaínza (O Sa- viñao, Lugo). Malia que no galego, no catalán ou no portugués perviviu a forma orixinal derivada en orxo , ordi e orjo respectivamente, no cas- telán só quedou a denominación alternativa cebada , derivado de cibu ‘comida, sustento’ significado que nos dá unha idea da relevancia que tivo este cereal que para a alimentación humana. Deste xeito, a partir de orxo mediante o sufixo – eira (< lat. aria ) temos a forma derivada Or- xeira, así como a forma Urxeira , por pechamento do –O inicial. Nome dado nas escrituras e coñecido por algún veciño de avanzada idade, ao terreo con casa que se atopa xusto por riba da vivenda situada uns vinte metros ao leste do Muíño de Abalde, en Baruxáns. O Cocho Orxeira é unha antiga terra de labor, agora a polulo, situa- da por debaixo da capela do San Cibrán, preto do sendeiro do Eifonso. É un forma anómala, polo que é posible que se perdese a preposición, ou outro elemento, que unía os dous termos. No Catastro de Ensenda aparecen tres propiedades co nome de A Orxeira . Os seus tres propietarios son, veciños da Fraga, polo que po- dería tratarse do mesmo lugar ou un próximo. En afanegados aparecen tamén como propiedades de veciñanza da Fraga «Orjeira de Arriba» e «Besadas o Orjeira de Abajo» ademais doutra «viña de Orxeira» e «Orxeira de Arriba» o que nos dá idea de que os topónimos derivados de orxo tiveron unha presenza moito maior na parroquia no pasado.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==